EVA CARRERAS AXUDANOS NUNHA OPERACION DE MOITO TRIUNFO

O mércores 3 de maio os rapaces e rapazas de 3º ciclo de Primaria recibiron unha visita moi especial. E é que a ex concursante de Operación Triunfo 3, Eva Carreras, achegouse ao noso cole para charlar cos nenos/as sobre as súas experiencias  no famoso programa da tv (experiencias que non sempre foron boas) Ademáis, e aproveitando que actualmente a cantante comparte grupo co profe de música (Mel de Meiga) e que están a grabar o seu último disco; animáronse a tocar dous dos temas que formarán parte do cd que levará por título Crecente. 
Promocións aparté, foi una maña moi divertida e musical, que rematou con Eva grabando as voces do Nadal de Luintra, para o disco que estamos a preparar no 3º ciclo e que levará por nome "Botalle unha Ollada!". E é que todavía quedan artistas humildes que prefiren pasar a maña en compaña de amigos  que de paparazzis e pseudoperiodistas. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario