BIBLIOFESTA 2011


Xa o di o dito: "polo Nadal, un gran festival!!" E neste caso foron dous grandes festivais, ou "galas", que queda máis fino. 

Non sabemos o porqué, pero este ano os nosos nenos e nenas tiveron moitísimas gañas de mostrar "o mundo" o que traballamos no Ceip de Manuel Sieiro neste primeiro trimestre. E como todo non cabía nunha sola gala, pois orgánizamos dúas: 

A Bibliofesta e a Gala de Nadal


Esta reportaxe vai dirixida á primeira, a Bibliofesta. E é que este ano propuxémonos darlle máis utilidade a este espazo fundamental e imprescindible en toda vida escolar. Así, ademáis da súa función habitual decentro de lectura, a biblioteca funciona como un verdadeiro obradoiro de manualidades e decoración, do que sairon a maior parte dos murais que decoran as nosas festas; como o centro de operacións da maioría das actividades e proxectos colectivos  (intercambios culturais con outros coles, elaboración de traballos sobre temas transversais, etc); e como un centro multimedia onde aprender e practicar coas novas tecnoloxías. 

Xa vedes que é un "recuncho" no que pasamos moi bos momentos. Por iso, que menos que Adicarlle unha festa onde poder amosar aos nosos familiares os proxectos que levamos a cabo. Esa é a idea da Bibliofesta, que este ano estivo adicada ao Nadal, e a un personaxe típico destas festas en Galicia, o Apalpador. 
Ademáis este certame serviu para unir máis os lazos entre as familias e o cole, xa que varias actuacións estiveron coordinadas por nais de alumnas do centro. E é que xa o din por ahí: "o traballo, mellor en equipo".  

MOITÍSIMAS GRAZAS A PATRICIA E NURIA, POLA VOSA AXUDA!!!  















Que disfrutedes cos vídeos!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario