Gala de Nadal






Este ano, ademáis da Bibliofesta, tamén tivemos un pequeno festival ou gala, na que, ademáis de disfrutar de actuacións en directo, fixemos un breve repaso polos mellores momentos que vivimos neste primeiro trimestre; e polos mellores videos creados pola Aula i9. 





 Tódolos ciclos estiveron moi implicados nas distintas actividades: danzas, panxoliñas, etc. Aínda así temos que destacar o papel dos nenos e nenas do terceiro ciclo, que forman parte do equipo técnico da Aula i9, e que se encargaron de que todo estivera a punto para a Gala, dende "facer a imaxe e o son", ecualizando os micros e grabando as imaxes máis atrevidas; ata elaborar as presentacións, a través dos nosos e nosas guionistas. 







Ademáis, tamén queremos felicitar aos nenos e nenas do Obradoiro de Teatro, actividade ofrecida pola ANPA no seu programa de actividades extraescolares; e sobretodo á súa coordinadora, Patri;  que nos ofreceron unha serie de monólogos sobre o Nadal moi divertidos; así como unha orixinal performance coa que nos sorprenderon os máis cativos/as. Esperamos poder seguir colaborando en próximas ocasións e que este obradoiro chegue a ter un gran éxito entre os nosos alumnos e alumnas; calidade, está visto, que lles sobra.



FELICIDADES A TODOS!!!


Disfrutade co trailer  e co video-reportaxe da Gala!!!




4 comentarios:

  1. Sí señor! ¡¡Peazo de vídeo!! Eu non vira as últimas actuacións, perdinme o baile dos maiores e o dúo con Uxía, que polo anaquiño que vin, debeu soar de vicio. Graciñas, Carlos!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Patri. A verdade que gran parte do mérito é teu porque as actuacións que preparaches son moi boas. E xa falaremos para final de curso, haber se montamos algo conxuntamente. Eu poño a música.

    ResponderEliminar
  3. Pois mira, xa che pasarei o guión da obra de teatro, que non lle viña mal poñerlle banda sonora en algúns momentos. Falamos e de novo gracias polo estupendo traballo que fas.

    ResponderEliminar
  4. Sen problema. Pero pásame o guión con tempo, jeje. Para meterme en situación. É broma xa falamos este xoves se tes curso e imos concretando, xa que vou a tentar montar a banda sonora de piratas do caribe, e nun momento dado a grabamos adaptada á obra. Eso sí sería a bomba, a nosa propia banda sonora (un pouco plaxiada, pero bueno) En serio, conta con elo!!

    ResponderEliminar