O BALONCESTO, QUE GRAN DEPORTE!!!

 Xa falta menos para a segunda cita co Deporte Escolar, que se celebrará no Ceip Antonio Carpinteiro de Arbo. Ese día practicaremos diversos deportes ben coñecidos como o fútbol, o baloncesto ou o balonmán.


No fútbol, a verdade, é que non temos problemas xa que é o deporte rei deste país, o que saben xogar a gran maioría dos nenos e nenas. Quen non coñece a Xavi, Iniesta o Casillas; pero se falamos de Navarro, Rudy, Calderón, Felipe Reyes ou  Ricky Rubio, a maioría non saben que nos referimos a algúns dos mellores xogadores do mundo , pero de... baloncesto.




E é que a maioría de rapaces e rapazas non coñecen este deporte, que ata a crise era o que máis cartos "movía" no mundo; e a principal atracción deportiva dos estadounidenses, xunto ao fútbol americano. 
Nese pais é o deporte rei e a súa liga, a NBA, é a mellor do mundo. E nela, destacan varios xogadores españoles como os irmáns Gasol, sobretodo Pau, que conseguiu algo que fai anos ningún soñabamos: fichar polo equipo máis famoso do planeta, Los Angeles Lakers; gañar o "Anel de Campión da NBA" con dito equipo, ao lado do gran Kobe Bryant; ser nomeado mellor xogador do mundo xunto á selección,...




E é que temos unha selección de baloncesto das mellores da historia, campiona duas veces consecutivas do Eurobasket (2009 e 2011) e , por suposto, Campiona do Mundo. Este é un palmarés que todavía non conseguiu a todopoderosa selección de fútbol, de sobra coñecida. 


Xa vedes que o "Basket" ten unha longa tradición no noso país, que neste deporte domina a nivel mundial. Aínda así as novas xeracións non conseguen "enganchar" co baloncesto, polo que segue sendo un deporte minoritario.
Nos queremos que eso cambie, que a xente comece a practicar este deporte que une elegancia, traballo en equipo, espectáculo e moi bo rollo. Pero antes de nada é imprescindible coñecer as súas reglas e  dinámica; é dicir, como se xoga!!!


E para elo, nada mellor que un vídeo. Neste caso uns rapaces ensinan os fundamentos máis básicos do "basketball". 


Ademáis nesta páxina tedes un resumo das principais regras deste deporte como as dimensións do campo, equipos, faltas máis comúns, etc

http://www.todobasketball.com/jugar-basketball/reglas-del-basketball.php


E por suposto, deixámosvos unha recua de vídeos dos mellores xogadores da historia deste deporte, comezando, como non, por dous dos máis grandes ídolos do "Basket":


-Michael Jordan, máis coñecido por "Air Jordan", é considerado o mellor xogador de todos os tempos.  Xogou case toda a súa carreira deportiva nos Chicago Bulls, levando o mítico nº 23, cos que gañou seis títulos ou "aneis da NBA". Se queredes saber máis deste superatleta, aquí tendes o enlace á wikipedia


http://es.wikipedia.org/wiki/Michael_Jordan


-Earvin "Magic" Johnson: mítico base dos "Lakers" cos que gañou cinco "aneis da NBA", levando o nº 32 á espalda. Como o seu alcume indica foi un autentico mago do balón, sobretodo das asistencias e os pases imposibles.


http://es.wikipedia.org/wiki/Magic_Johnson


E tantos outros xenios que fan deste deporte toda unha arte.


Disfrutade cos vídeos.




   

 












  






         

No hay comentarios:

Publicar un comentario