O Entroido 2012

Xa está aquí unha das reportaxes máis esperadas do ano; unha das mellores festas da nosa cultura, na que divertirse, máis que un pracer, convírtese nunha obriga. Por suposto, estamos falando do Entroido.
Este ano, no Ceip Manuel Sieiro retornamos á versión máis tradicional desta festa; e recuperamos o meco, que durante toda a semana foi indicándonos que parte do disfrace tiñamos que levar cada día (o luns un sombreiro de palla; o martes unhas lentes oscuras; ...) Ademáis das partes do meco, ao longo da semana tamén tivemos a ocasión de probar as "Sobremesas do Entroido", unha saborosa exposición de postres típicos destas datas, que xa é toda unha tradición no noso centro. Este ano, ademáis tentamos recopilar o maior número de receitas, que amablemente nos achegaron as familias, parte fundamental deste tipo de celebracións. O resultado foi a elaboración dun libro recopilatorio de todos eses postres e que, por suposto, está a disposición de todo aquel que o desexe consultar na nosa biblioteca e no noso blog asociado "Os ollos do Minho Dinamizacións".


Pero, sen dúbida, o mellor  estaba aínda por chegar.


Comezamos o venres no recreo coa "1ª Exhibición de Buxaina" a cargo duns verdadeiros campións deste xogo tradicional, que cada vez gaña máis fans no noso centro.
A continuación chegou o momento de disfrazarse e ultimar os preparativos para comezar o "Gran Desfile de Entroido" que contou cun público de excepción, as nosas familias e amig@s; e que rematou cuha pequena actuación dos grupos da Aula i9,  que interpretaron, ademáis do himno deste ano "Os Espantallos, leré"; un poupurrí de temas propios do entroido como "La vida es Carnaval" de Celia Cruz; ou "Carnaval, Carnaval" de Georgie Dann.
Xa pola tarde tivemos a oportunidade de asistir a un "Obradoiro de Maquillaxe e Caracterización", organizado pola ANPA do centro. Desta forma todos aqueles que o desexaron, puideron lucir unha preciosa mascara de maquillaxe, ao máis puro estilo Hollywood. Outra vez máis (como xa pasara no Samaín); temos que agradecer á coordinadora deste tipo de obradoiros, Patricia Claro, a súa colaboración, que sempre é ben recibida; e a súa infinita paciencia, xa que este tipo de actividades levan moito traballo e tempo, para poder conseguir así os resultados que poderedes ver no vídeo que, lóxicamente, adicamoslle.



   A continuación poderedes disfrutar dunha escolma das opinións dos nos@s xornalistas da Aula i9. Nesta ocasión o interese foi tan grande que contamos con varias reportaxes sobre esta festa; polo que, lonxe de elexir entre unha ou outra, preferimos un pouco de todas:



Xa chegou a festa, das festas; chea de música, disfraces e moi bo humor. Por suposto, falamos do Entroido. O noso  mestre  pediunos  axuda  para preparar  as cousas  para o desfile  e nós, por suposto, o  dimos todo. Os de 5º e 6º  axudamos a montar o equipo de musica e a preparalo todo. Foi un traballo duro pero valeu a pena. Saimos todos  disfrazados de  espatallos moi diversos  uns con sombreiro   mexicano; con sombreiros  de  vaqueiros ; e otros tiñamos parecidos a os  dos  buscadores  de oro,…. Dimos unha  volta  ao redor do colexio e  logo entramos na pista de fútbol onde estaba todo preparado para as actuacións e o baile. 
Despois de comer degustamos as "Sobremesas do Entroido". Filloas, biscoitos, orellas; ummmm!!! Menudo festín!!!!  Xa pola tarde a nosa querida  profe de Teatro, Patricia Claro, amosou unha gran paciencia á hora de maquillar a todos os que éramos. De ahí sairon animais, monstruos e ata algún vampiro que outro. Realmente foi un día fantástico no colé, cheo de actividades e xogos, postres e mascaras; non o pasábamos tan ben desde facía tempo.


Escrito por Cristian Gesteira, Pablo Pereira, David Barroso, Suso Ferreira, Gonzalo Gil, Alex Álvarez, Sofía Failde e Elizabeth Fontán.





Ademáis, presentamos un tipo de vídeos diferentes. Trátase de dous pases de diapositivas, un tanto especiais, coas mellores fotos das sobremesas e do entroido en xeral. Estas fotos están á vosa disposición na nosa galería de Flickr, á que poderedes acceder dende os enlaces que vos deixamos a continuación. De todas formas sempre podedes achegaros ao Ceip Manuel Sieiro e pedirllas ao profe de Música, Carlos.







-Fotos Entroido:
http://www.flickr.com/photos/ollosdominho/sets/72157629577744031/
-Fotos Sobremesas:
http://www.flickr.com/photos/ollosdominho/sets/72157629212419652/

Disfrutade cos vídeos e fotos e que viva o Entroido !!!

























No hay comentarios:

Publicar un comentario