CRECENTE SOLIDARIO

Un dos valores máis importantes que se deben aprender na escola e na vida en xeral é a solidaridade cos demáis, cos que menos teñen ou cos que precisan a nosa axuda. A educación non podería entenderse sen este principio que, xunto ao respeto e a tolerancia forman os pilares básicos que deberían soster a nosa sociedade. 


No Ceip Manuel Sieiro eses principios son fundamentais; e por iso unímonos a unha fermosa iniciativa  que leva dado moi  bos froitos nos últimos anos: "Os tapóns solidarios"


Para quen todavía no o saiba, este proxecto consiste en recoller todos aqueles tapóns de plástico de botellas, envases de deterxentes, botes, etc, que se amontonan nas nosas casas, co fin de xuntar toneladas que poder cambiar por cartos. E é que este tipo de plástico no está reciclado polo que ten máis valor no mercado xa que se pode reciclar máis veces.

Neste caso, nós xuntaremos tódolos tapóns que poidamos para axudar a unha neniña chamada Sheila, e aos seus pais. 


Así que xa sabedes, achegade todos os tapóns que poidades xuntar ao cole. 


A solidaridade amósase en momentos como estes.

 Entre todos, podemos!!! 

Os Experimentos da Aula i9

Por fin, xa chegou unha das reportaxes máis esperadas por "Os Ollos do Minho Producións"!!!!
Un dos traballos da Aula i9 máis "currados"!!!
Un proxecto que nos permite achegarnos máis ao fantástico mundo da Ciencia!!!
Estamos a falar, por suposto, dos 
"Experimentos da Aula i9".

Neste primeiro capítulo tratamos de comprender e demostrar o principio máis coñecido dun dos matemáticos máis famosos da antigua Grecia; Arquímedes, e as súas teorías sobre a flotación e a hidrostática. Ese que dicía: cando un corpo se sumerxe nun líquido, experimenta un empuxe en vertical e cara arriba equivalente o peso do líquido desaloxado. 


 Este principio explica, entre outras cousas, porqué flotan algúns obxectos, como un barco; e outros non. A explicación é moi sinxela e a podedes ver na pequena animación que preparamos e que forma parte do vídeo principal. Nel, ademáis disfrutaredes de varios experimentos que preparamos e grabamos, como se dun documental se tratara, para poder explicar este principio.




Pero antes de nada, debemos explicar mínimamente a parte pedagóxica do proxecto. Por suposto, os obxectivos fundamentais que perseguimos, poden simplificarse nos seguintes:
-Achegar aos nosos nenos e nenas ao maravilloso mundo da Ciencia, facilitando a adquisión e comprensión de conceptos, teoremas, fórmulas e principios básicos que conforman esta disciplina; así como as ferramentas e actitudes presentes na investigación e pensamento científicos.
 -Empregar as novas tecnoloxías (TIC´s) na elaboración e difusión dos noso propios materiais didácticos. 


E é que tedes que saber que este tipo de proxectos levan moito traballo e tempo, así como unha gran planificación das diferentes actividades que realizamos para conseguir o vídeo final: elaboración dos decorados e dos guións dos nos@s presentador@s; elaborar, grabar e doblar as animacións; realizar os experimentos; sesións de grabacións e rodaxe; etc.


Para elo, a Aula i9 conta cun gran número de colaboradores e colaboradoras, que traballan duro, moitas veces con conceptos e ferramentas novas para eles, para poder achegarvos as reportaxes que conforman este blog. Falamos de rapaces e rapazas que están aprendendo como facer guións; como e cando grabar as mellores tomas; como editar son e imaxe; etc. Sen esquencer os contidos das asignaturas que traballamos; así como valores tan fundamentáis como o respeto, a cooperación ou o traballo en equipo.

Xa vedes que a nivel didáctico imos sobrados.

Ademáis desta vez quixemos mostrarvos como facemos todo. Por iso, ademáis do vídeo principal, fixemos un "making of" coas distintas fases dos proxecto e as mellores tomas falsas; e que quedarán á vosa disposición no apartado e etiqueta "Un chisco de ciencia"; e por suposto, na nosa canle de YouTube, xunto co resto dos vídeos.


http://www.youtube.com/user/ollosdominho




Esperemos que vos guste o proxecto e...  que viva a Ciencia!!!




As nosa fotos


Inauguramos unha nova sección no blogue adicada ás mellores imaxes que sacamos dos distintos eventos que se levaron a cabo este ano.

Nel colgaremos os pases de diapositivas que vaiamos facendo. 

Esta sección levará por nome "As nosas fotos" e quedará fixa na columna da esquerda, xunto ás nosas mellores seccións como as "Clases Online", "Un chisco de Ciencia" ou "Os nosos Trailers".
 E xa sabedes que podedes pedir as fotos no centro, ó profe Carlos.

A disfrutar!!!

Deporte Escolar IV



O 14 de Marzo recibimos a outro cole máis, na "IV Xuntanza do Deporte Escolar", na que os rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo de ámbolos dous centros tiveron a oportunidades de practicar deportes tan coñecidos como fútbol, baloncesto e balonmán.
Comezaron os máis pequenos cunha serie de "pachangas"nas que fumos testemuñas dunha gran deportividade por ambas partes. 
A continuación tocoulles aos maiores, que se esforzaron moito para amosar que nesta comarca temos unha gran calidade. Non sería raro ver nun futuro a algún destes rapaces xogar na liga BBVA; ou na ACB; ou na liga ASOBAL. 
E se non, non pasa nada, pois o obxectivo principal deste tipo de xuntanzas é "aprender a disfrutar e vivir o deporte"




Ahí vos quedan os vídeos dos dous ciclos e un pase de diapositivas coas mellores imaxes do encontro.