CRECENTE SOLIDARIO

Un dos valores máis importantes que se deben aprender na escola e na vida en xeral é a solidaridade cos demáis, cos que menos teñen ou cos que precisan a nosa axuda. A educación non podería entenderse sen este principio que, xunto ao respeto e a tolerancia forman os pilares básicos que deberían soster a nosa sociedade. 


No Ceip Manuel Sieiro eses principios son fundamentais; e por iso unímonos a unha fermosa iniciativa  que leva dado moi  bos froitos nos últimos anos: "Os tapóns solidarios"


Para quen todavía no o saiba, este proxecto consiste en recoller todos aqueles tapóns de plástico de botellas, envases de deterxentes, botes, etc, que se amontonan nas nosas casas, co fin de xuntar toneladas que poder cambiar por cartos. E é que este tipo de plástico no está reciclado polo que ten máis valor no mercado xa que se pode reciclar máis veces.

Neste caso, nós xuntaremos tódolos tapóns que poidamos para axudar a unha neniña chamada Sheila, e aos seus pais. 


Así que xa sabedes, achegade todos os tapóns que poidades xuntar ao cole. 


A solidaridade amósase en momentos como estes.

 Entre todos, podemos!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario