Buscando respostas a tantas preguntas

Despois dunha exitosa investigación, puidemos ir dando resposta a todas as nosas preguntas.
Coñecimos que as persoas que viven no polo norte se chaman esquimais, esquimós ou "inuits" e que visten roupa de abrigo feita con peles como: "parka", pantalón, botas, luvas e carapucha.















Ademais descubrimos que medios utilizan para desplazarse





















E vimos que utilizan uns refuxios feitos con bloques de xeo chamados iglús.



Pero aínda nos falta adiviñar que animais viven alí, asique non nos queda máis remedio que seguir indagando.

OBRADOIRO DE DISFRACES

Estimadas familias.
Lembrade que o xoves 18 de xaneiro comezan os obradoiros de creación de disfraces para o Entroido, dirixidos a pais, nais e familiares.

O horario será de 16h a 17h


Que sabemos e que queremos saber?


Puxémonos a pensar sobre o que sabíamos do polo norte. E chegamos á conclusión de que é un lugar moi frío, con moita neve e onde vive un gran coñecido noso chamado Papá Noel.





Sen embargo, gustaríanos coñecer algo máis deste lugar:

  • Que persoas e animais viven alí?
  • Que roupa levan?
  • Como se desplazan?
  • Como son as súas casas?



Polo momento, comezaremos investigando a palabra polo norte (número e letras que a forman, sílabas, etc).




Preparando as maletas

Preparadas as maletas, toca comezar a nosa viaxe. Primeiro buscaremos o noso destino e indagaremos no "google maps" a ver que vemos alí. Atopamos diferentes ubicacións: o noso colexio, Crecente, a nosa comunidade e o noso país, ata que finalmente descubrimos o polo norte.



https://www.google.es/maps/place/Creciente



Seguidamente toca situarnos e darvos unha pista a todos e a todas. Buscamos o lugar onde vivimos nós e a onde nos diriximos. O lugar ao que viaxamos atópase na parte superior do globo terráqueo. É un lugar moi, moi frío porque hai moita neve.



 













Xa sabedes onde nos atopamos?
Pois si, chegamos ao:
 


POLO NORTE



E xa vos iremos contando o que alí fomos atopando