RADIOSIEIRO 2017

  Despois de moito traballo, pois facer radio dá moito chollo, por fin podemos presentarvos o último RadioSieiro, un programa de podcast realizado polos alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro, dirixidos polo dinamizador da Lingua Galega.

  Na RadioSieiro participan todos os cursos escolares, cada un coa súa misión. Así, mentres os maiores foron os encargados de presentar e dirixir, os máis pequenos de infantil adicáronse ás cuñas e sintonías do programa; así como os de 1º, 2º, 3º e 4º, presentaron diversas seccións adicada á cultura e arte.

  Cabe destacar a sección medioambiental que prepararon os rapaces e rapazas de 5ºde primaria; na que nos ofrecen unha serie de consellos e recomendacións para o coidado do noso medio moi interesante e formativa.

Ademais, seguindo co espíritu de autoproducción, tamén incluimos no programa a canción que grabou o grupo do cole, a Aula i9 Band, ao longo do curso. Trátase dunha versión do famoso tema de Suso Vaamonde, Galicia.

Para rematar, lembrade que RadioSieiro é un dos tres proxectos anuais que forman parte dunha iniciativa maior, As Ondas do Miño Comunicacións; un proxecto de comunicación audiovisual e desenvolvemento das capacidades lingüísticas en galego; co que xa levamos uns cantos anos; e que está formado polo programa de radio; "O Rebusco", o noso xornal escolar; e "As Ondas do Miño Tv", o programa de tele.

Deixámosvos os enlaces para que podades disfrutar de todos estes contidos:





DISFRUTADE COA RADIOSIEIRO!!!






























No hay comentarios:

Publicar un comentario