MEDO EN SAMAWEEN!

Semana terrorífica na aula de infantil, e senón que lle lo pregunten aos nos@s pequen@s.

Festexamos esta data, e ademais falamos sobre os nosos medos.







Atrevímonos cun taller onde os monstruos foron os protagonistas e os representantes dos nosos medos. Chegamos a un acordo de que todos eles quedarían atrapados no papel para sempre. 







Conseguiríamos minimizar as nosas máis profundas preocupacións?
Non o sabemos pero polo menos intentámolo.









O CORPO

Comezamos coa unidade do corpo,e que mellor xeito de facelo que a través dunha obra de arte?
Empregamos para isto as siluetas de Keith Haring. 
Esperamos que vos guste tanto a vós coma a nós facelo.
















Que grandes artistas hai en Crecente!

OUTONO, OUTONIÑO!



Chegou o OUTONO e na aula de infantil quixemos celebralo.



Non só houbo tempo para falar sobre el, senón tamén para crear o noso propio recanto cos produtos aportados polas familias.








Ademáis puidemos xogar con eles e incluso converternos en pequenos artistas!




Canto deu de si o outono, e senón velaí vos deixamos pequenas testemuñas de todo o que traballamos.




























SAMAWEEN 2017 - FOTOS TERRORÍFICAS

Esta semana andamos ás voltas coa primeira das grandes festas que celebramos no cole de Crecente, o Samaween. 
E para abrir o apetito, aquí vos deixamos un pequeno vídeo con retratos terroríficos dos nosos nenos e nenas, creado polo profe de Ed. Física. 
Que o disfrutedes, se o medo vos deixa!!!