Rock in Crecente

O pasado 22 de novembro, día de Sta. Cecilia, celebramos por todo o alto a festa do Día da Música


E é que  achegaronse dous amigos moi especiais: o baterista Jeser Gil e o guitarrista José Rubio; que ofreceron unha autentica Master Class sobre rock. 



Os nenos e nenas da Aula I9 participaron intensamente neste acto: axudaron a descargar e montar  o escenario como se fosen autenticos pipas; fixeron de técnicos de son;  e mesmo animáronse a tocar cos músicos a nosa canción do magosto, o “Vente con Nós”.








José Rubio amosou varias guitarras, regalou discos e pegatinas, e sorteou camisetas. Ao final tivemos unha pequena sesión de fotos que quedaran para o recordo. 



Daba gusto ver aos pequenos bailar coas cabezas mentres José Rubio e Jeser Gil facían cantar aos seus instrumentos


 En fin todo un luxo!!!
                       
                           Sofía Faílde & Adriñan Gómez (5º Primaria)





Aquí vos deixamos a reportaxe en video. Que a disfrutedes!!!








1 comentario: