CANTA CON NÓS!!!

Este é o título que decidimos porlle ao último disco da Aula i9; e que representa o último gran proxecto da nosa productora "Os Ollos do Minho"para este curso escolar; e que vos presentamos na seguinte reportaxe.







Foron moitos meses de duro traballo dende que comezamos as grabacións, ala polo mes de Xaneiro. Elexir o repertotio, estudiar todas as melodías e despois grabalas por partes, dun en un; como calqueira grupo profesional. Aínda que os instrumentos máis complexos, como a guitarra, o baixo ou o violín, correron a cargo do mestre de música; os nosos nenos e nenas (de 1º a 6º) grabaron maxistralmente todas as frautas; os carillóns, xilófonos e metalófonos; e gran parte dos instrumentos de percusión; ademáis, por suposto, das voces e coros.





Este ano, como novidade, traballamos cun software profesional: o famoso Protools, empregado por estudios de todo o mundo. Ademáis os colaboradores do Aula i9 atrevéronse a controlar este programa, e así puideron grabar eles mesmos aos seus propios compañeiros; e adquiriron uns coñecementos e experiencias nunha profesión tan bonita como é a de técnico de son. 


Este ano contamos con dúas colaboradoras moi especiais. Por un lado está a voz de Lorena Sotelo, cantante do grupo punk-ska ourensano Maskarpone; e por outro lado, contamos coas percusións de Lorena Negreira, baterista do grupo folk Ergom; e mestra deste centro durante unhas semanas. Estas dúas artístas únense ao grupo de colaboradores da Aula i9, xunto a outras estrelas como Eva Carreras, líder do grupo folk Mel de Meiga, que colaborou no noso primeiro disco (escoitao na sección "As nosas Cancións"); ou José Rubio, considerado un dos mellores guitarristas de España, que se prestou a facer, no noso cole, unha Master Class sobre Rock. A todos eles, mil gracias.


Ademáis das seis cancións, ás que podedes acceder pinchando no enlace; tamén acompañamos a reportaxe cun pase de diapositivas no que se recollen as mellores fotos e os mellores momentos que vivimos durante as grabacións.




Esperamos que disfrutedes do resultado final.

CANTA CON NÓS!!!









1.- La vida es carnaval 


2.- A Sementeira


3.- Muiñeira ao Chou


4.- Cantade mociños


5.- O Carrapuchiño


6.- Whatever


No hay comentarios:

Publicar un comentario