DEPORTE ESCOLAR III - DESTA VOLTA XOGAMOS NA CASA

 E é que o pasado martes 14 de Febreiro, tivo lugar a terceira xuntanza polo Deporte Escolar, que desta vez, organizamos nós no noso centro, da man do noso querido profe de Ed. Física, Manuel.




Nesta ocasión, os compañeir@s e amig@s de Valeixe achegáronse ao Ceip Manuel Sieiro para disfrutar dunha mañá do máis deportiva. Por motivos organizativos, establecéronse dous turnos de xogo. Así comezaron @s nen@s do 2º ciclo, que durante case duas horas suaron a "camisola", nuns "partidiños" nos que se puideron ver mostras de calidade; e nos que o máis importante foi pasalo ben.





Despois foi o turno dos maiores do 3º ciclo. Para facelo aínda máis interesante e menos competitivo, en moitas ocasións misturáronse os rapaces de ambos coles, fortalecendo a colaboración e traballo en equipo. Ademáis estes nenos e nenas amosaron que na Paradanta temos unha boa canteira. 



Disfrutade cos vídeos e coa crónica da nosa colaboradora e redactora da Aula i9, Sofía Faílde, que nos achega as súas impresións sobre a xuntanza.




 "O outro día, os nenos e nenas de Valeixe achegáronse ao noso cole para participar xuntos na terceira edición do Deporte Escolar 2011/12". Todos tivemos a oportunidade, por quendas, de xogar ao fútbol sala, baloncesto e balonmán; e, por suposto, de correr, saltar, etc. Foi moi divertido, aínda que tivemos que esforzarnos moito para dar o nivel. E entrenar, pois deportes como o balonmán ou o baloncesto, son pouco practicados por estas terras, polo que, como quen din, estamos comezando case dende cero. Pero non nos vai tan mal; pouco a pouco imos aprendemos cousas importantes dos deportes de equipo como a colocación no campo, axudar e apoiar aos compañeiros, etc. 

Ao final todos rematamos moi ledos e desexando volver e aínda divertirnos moito máis, se iso é posible."


  Sofía Faílde
5º de Primaria  





No hay comentarios:

Publicar un comentario