"Loopeando" co Garage Band


  Quen dixo que na clase de música  só se traballaba coa flauta? Nesta reportaxe, redactada por Adrián Gómez de 5º de Primaria, colaborador da Aula i9 e xornalista aficcionado; veremos como é posible facer música empregando só un ordenador e os chamados "loops". E é que en Crecente tentamos estar á última, tecnolóxicamente falando. Non sempre é posible debido ás nosas limitacións económicas; pero, como podedes comprobar neste blogue, cun pouco de vontade, traballo e confianza, pódense facer cousas marabillosas. 



 Neste caso aprendemos a empregar básicamente o programa Garage Band, software de grabación, que forma parte do paquete Ilife, que ven por defecto con tódolos Mac. Este programa ten unha función moi interesante para traballar con "loops", que son ostinatos musicais, previamente grabados, e que se van combinando para formar unha canción. Este é un método moi empregado na música electrónica, e permitiu ao nos@s nen@s experimentar con formas diferentes de facer música. 
Ademáis aprenderon unha serie de conceptos moi empregados na actualidade como "mutear", ou silenciar unha pista; "solear" ou deixar soando unha soa pista; "sincronizar" os distintos "loops", para o que se precisa levar ben o ritmo, afianzando o "pulso interior". E por suposto, sen esquencer o compoñente estético e creativo, xa que cada nen@ combinou as distintas pistas como lle "pedía o corpo", creando o seu propio tema.
Como podedes ver, o proxecto resulta moi interesante e divertido; e forma parte das iniciativas que está a levar a cabo a Aula i9, co obxectivo de motivar a estas novas xeracións cara o estudio das diversas vertentes da Música, como profesión ou como unha das mellores e máis  gratificantes aficcións.


 Ademáis presentamos un vídeo explicación que inaugura unha nova serie de titoriais das "Clases Online" da Aula i9, á que chamamos "Coa computadora, sí que mola"; adicada a coñecer as funcións básicas de determinados programas e software informático de edición de voz, texto, vídeo, etc, que estamos a empregar na nosa vida diaria, sobretodo na elaboración dos diversos contidos que ilustran este blogue. É dicir, que vos imos a contar os trucos que empregamos para facer, por exemplo, os vídeos que acompañan os "post" ou reportaxes; as grabacións que aparecen nos nosos discos; etc. Neste primeiro capítulo, e como xa indicamos antes, aprendemos a manexar o Garage Band para insertar loops, duplicalos e sincronizalos, "soltalos" e "mutealos", etc. Lembrar só que, á hora de facer estes titoriais empregamos o programa "Camtasia studio" que permite grabar todo o que facemos e aparece  na nosa pantalla, e o son que recibe o micro da computadora. É un software moi útil para explicar conceptos teóricos, facer correcións, etc; e o imos a empregar en máis dun titorial. 

Disfrutade coa crónica de Adrián, ó que temos que felicitar polo seu traballo e compromiso con este proxecto; e cos vídeos onde poderedes ver en acción aos nos@s pequen@s Dj´s de 5º e 2º de Primaria.

      
 "Ese día o profe Carlos levounos a aula multiusos á pizarra dixital;   enchufou o ordenador, e fumos por turnos, coñecendo o progama Garage Band, e sobretodo, como manexar “ loops” que son fragmentos musicais de diversos instrumentos, previamente gravados, e que nós íamos activando ou desactivando.
Os loops cos que “xogamos” tiñan distinto timbre: baixo, guitarra, batería….e o profe ensinounos a “mutear” unha pista (quitarlle o volume); a facer que soe ela soa; combinar diversas pistas ou sons , etc.
Todos o fixemos moi ben e tivemos a oportunidade de gravar as nosas sesións como se fósemos uns  auténticos Dj’s. Gustounos moito a experiencia; e pasámolo moi ben."

                                                      Adrián Gómez
5º  Primaria









No hay comentarios:

Publicar un comentario