PEQUENO AVANCE DO ENTROIDO 2012


Como tódolos anos xa chega febreiro, un mes frío, curto e cunha das  festas populares máis famosas e divertidas. Como non, estamos a falar do noso querido entroido.


Nesta edición, no Ceip Manuel Sieiro decidimos seguir a súa versión máis tradicional e recuperar o meco como consigna para que tódolos nenos e nenas do cole se disfrazaran. Así o primeiro día o meco mandou que todos trouxéramos  sombreiro de palla; o segundo unhas lentes escuras, etc; así ata que o disfrace estaba totalmente finalizado o día da festa.

Pero é que ademáis tivemos as nosas famosas "Sobremesas do Entroido", unha exhibición de trompos, un desfile e baile; e ata un obradoiro de maquillaxe e caracterización a cargo da nosa querida colaboradora Patricia. 
Demasiadas cousas para unha soa reportaxe. Por iso, ahí vos vai un pequeno adianto, en forma de trailer, do que vos espera no post "Entroido 2012", que publicaremos nos próximos días. 





Disfrutade co vídeo e que VIVA O ENTROIDO!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario