As Ondas do Miño 8 - Mestra de Mestras

Xa tedes dispoñible o novo programa de As Ondas do Miño, adicado ao Día Internacional da Muller.
Un traballo realizado polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Podedes acceder a través da "pestana" de As Ondas do Miño ou a través do seguinte enlace:

http://ondasdominho.blogspot.com.es/2015/04/ondas-do-mino-8-especial-dia.html 

INAUGURACIÓN SALÓN DE ACTOS

O pasado 18 de marzo de 2015 quedou oficialmente inaugurado o noso novo escenario, un proxecto  que levábamos moito tempo perseguindo e que hoxe é unha realidade gracias ao excelente traballo de toda a comunidade escolar, e sobretodo da ANPA, que adicou moitas horas e esforzo para que os nosos nenos e nenas disfruten dun salón de actos que realmente merecen.

Disfrutade cos vídeos do acto de inauguración, ao que asistiron, entre outros, o Excelentísimo Director Xeral de Centros, D. Jose Manuel Pinal, ao que agradecemos toda a axuda prestada así como a súa presencia nese día tan especial para o cole de Crecente.