Mostrando entradas con la etiqueta TV. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TV. Mostrar todas las entradas

ESPECIAL SAMAWEEN DAS ONDAS DO MIÑO TV.

Este xoves 30 de novembro presentamos ante o alumnado o último proxecto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: un programa especial da nosa tv. online; centrado na festa do Samaween que celebramos no Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente.
Nesta ocasión foron os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º os encargados de presentar tanto o programa como a reportaxe que o acompaña.

Agardamos que vos guste!!! 








AS ONDAS DO MIÑO TV 2017




Aquí vos deixamos o último programa de As Ondas do Miño Tv, un proxecto audiovisual en galego no que participan todos os nenos e nenas do cole de Crecente; simulando un  "magazine televisivo"
no que alternamos noticias, reportaxes, seccións cuturais, etc.








ONDAS DO MIÑO TV - ESPECIAL SAMAWEEN 2016

Outro ano máis, e xa van catro, poñemos a andar o noso proxecto en comunicación audiovisual ao que chamamos As Ondas do Miño Comunicacións, e que, como moitos xa sabedes, consta dun programa de radio (RadioSieiro); dunha serie de xornais escolares (Crecente en Letra e O Rebusco); e dun programa de televisión (As Ondas do Miño Tv.) 
Nesta ocasión, achegámosvos o primeiro programa de tele, un especial sobre a festa de Samaween, presentado por rapaces e rapazas de 5º e 6º.  
Esperamos que vos guste!!!