FESTIVAL DE NADAL´17 - SIGNOS DE MI NAVIDAD

@s nos@s nen@s atrévense ata ca linguaxe de signos, que empregan para cantarnos esta canción do grupo Funambulista. Sen dúbida unha das actuacións máis esperadas deste Nadal no cole de Crecente.




FESTIVAL NADAL`17 - O Rei León (Ensaio Xeral)

Ensaio xeral do espectáculo de acrosport que prepararon os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria para o festival de nadal.


Damos a benvida ao inverno!


En infantil coa chegada do inverno, moitas actividades fixemos,...


  • Puxémonos a decorar,...



  • Tamén tivemos tempo para felicitar,...





  •     E como non nevaba, aventurámonos a crear a nosa propia neve




  • E sabedes que? Ata nos atrevimos a viaxar. A onde?
                                    PRONTO O DESCUBRIREDES




Iso si, non vos esquezades de coller roupa de abrigo.



VISITA Á GALIÑA AZUL

Como xa é tradición no Ceip Manuel Sieiro de Crecente, co remate do 1º trimestre poñemos en marcha a Seman Cultural; uns días cheos de actividades culturais, que nos permiten amosar a xenialidade e creatividade dos nosos nenos e nenas. Contacontos, música en directo, obradoiros de cociña,... e moitas actividades máis. 

Comezamos este xoves 14 de decembro coa visita aos máis pequerrechos do pobo na Galiña Azul; onde contamos o conto estrela deste ano, "Corre, corre cabaciña"; e ofrecimos un pequeno concerto cos temas que estamos a mover neste curso 2017-2018.

Mañá toca a Bibliofesta, polo que se vos apetece participar nesta Semana Cultural, xa sabedes onde estamos. 



Día Internacional da Discapacidade Intelectual



Este martes 5 de decembro recibimos no Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro unha visita moi especial: as nosa compañeiras e amigas das Esclavas da Virxe Dolorosa de Crecente (EVD), unhas rapazas moi divertidas coas que sempre facemos `proxectos e actividades fabulosas que amosan que todos temos que ter os mesmos dereitos.