Mostrando entradas con la etiqueta Dia da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia da Paz. Mostrar todas las entradas

Día da paz 2017

A biblioteca do cole de Crecente convértese un ano máis no espazo elexido para traballar e presentar os proxectos elaborados para o Día da Paz.


FALEMOS DE PAZ

Vídeo educativo sobre a Paz creado polos rapaces e rapazas de infantil, 1º e 2º de primaria do cole de Crecente; e coordinado polos equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca Escolar.

Unha gran iniciativa que nos lembra cales son as claves para conseguir unha boa convivencia.  

Esperamos que vos guste e que disfrutedes co traballo dos nosos pequenos e pequenas artistas.


THE SUN CAT / O GATO SOL

Atentos ao último proxecto do equipo de Biblioteca Escolar, en colaboración co de Dinamización Lingüistica e as Seccións Bilingües: un conto audiovisual, en inglés subtitulado en galego; que é un recurso moi bo para ir "facendo oído" coa lingua anglosaxona.
Narrado pola nosa auxiliar de conversa, Taylor B.; este conto, que traballamos cos rapaces e rapazas en formato kamishibai (pequeno teatro xaponés) con motivo do Día da Paz; fala da importancia da amizade e do valor que teñen neste mundo todas e cada unha das cousas e seres que convivimos nel, dende as máis pequenas, ata as xigantescas.   


ONDAS DO MIÑO - CAP. 5 - O DÍA DA PAZ

Quinto programa de As Ondas do Miño, sobre o Día da Paz.
Non vos perdades as diversas seccións que vos ofrecen os rapaces e rapazas da Aula i9.

E xa sabedes, se queredes botar unha ollada a este proxecto, só tedes que acceder a través da pestana, na barra superior.


DÍA DA PAZ

Foron moitas as actividades que realizamos polo Día da Paz no cole de Crecente: contos, cancións, poemas, cine,...
Esperamos que estes vídeos resuman todo o que deu esa semana; e atentos á curtametraxe, "Falemos de Paz"













Súbete ao noso "Tren da Paz"


     O pasado 31 de Xaneiro festexamos o Día da Paz. Xa, xa, sabemos que o día real é o 30, pero pro diferentes motivos, todos moi bos, o deixamos para o día seguite. Pero só a celebración, pois a Paz é un tema moi recurrente no noso centro; ao que se lle dedican cancións, poemas, murais, etc; que, por susposto, leva o seu tempo preparar e confeccionar. Así, durante toda a semana anterior os nosos nenos e nenas, agrupad@s por ciclos, prepararon os distintos vagóns dun tren moi especial: "O Tren da Paz".
E tod@s traballamos moi coordinados para darlle variedade e cor. Así mentres que os vagóns dos nen@s de infantil lucían uns símbolos de paz moi vistosos; os de 1º ciclo adicáronse aos debuxos; os de 2º ciclo, aos lemas; e os maiores do 3º ciclo, ós personaxes famosos que fixeron e/ou seguen facendo moito pola Paz. O resultado, un tren cheo de esperanza e boas intencións, de respeto e tolerancia, de convivencia e traballo en equipo; en definitiva, un tren para e pola Paz.

Ademáis acompañamos o noso desfile "ferroviario" cunha canción preparada polos rapaces e rapazas da Aula i9; trátase dunha versión do famoso tema "Whatever", dos ingleses "Oasis"; que por suposto incluiremos no noso segundo disco. E en inglés, polo que temos que dalas gracias á profe Leli polo seu esforzo ensinándonos como pronunciala o mellor posible, jejeje.







Este tren quedará exposto no comedor escolar, para que ninguén esquenza nunca que "non hai camiño para a paz senon que a paz é o camiño" (M. Gandhi)









DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Coa temática “contra o maltrato”, realizáronse na semana do 24 ao 28 de xaneiro actividades ao respecto nos diferentes ciclos. Como actividade conxunta, levouse a cabo a celebración o día 28, venres, cas seguintes actividades:
-elaboración dun mural cun arco da vella, sobre o que se pegaron símbolos e mensaxes (pombas, mans, flores...) de tódolos cursos.
-Elaboracion de mensaxes de paz que se pegaron en globos cheos de helio para sóltalos no patio no acto colectivo.
-Canción en grupo do tema de Amaral “Salir Corriendo”