Mostrando entradas con la etiqueta curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas

Os Furafollas de Oroso

Ahí vos deixamos o vídeo da A.C. Furafollas de Oroso abrindo o festival fin de curso 2015/2016 no cole de Crecente.
Moitas grazas pola colaboración e esperamos volver a disfrutar coas súas cancións!!!


O REBUSCO´16

Disfrutade do último número da nosa revista escolar, "O Rebusco" 2016.


O GROVE`16

Excursión á vila mariñeira de O Grove organizada pola ANPA do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente; en xuño de 2016.


Doc. Historia - Temp 1: Evolución - Cap. 1 Australopithecus, o mono humano


Dende o Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente presentamos esta serie de documentais sobre a historia da humanidade; unha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega; que pretende despertar no alumnado a curiosidade histórica e transmitir a importancia de coñecer ben o noso pasado para poder crear un futuro mellor.

Esta primeira temporada leva por título Evolución, un repaso á aparición e desenvolvemento dos nosos ancestros homínidos ata a aparición do ser humano moderno.

Neste primeiro capítulo repasaremos a aparición e evolución dos Australopithecus, os nosos ancestros primates.

EXCURSION A VIGO (26/05/2016)

Non vos perdades as mellores imaxes da excursión a Vigo dos nosos rapaces e rapazas de infantil. 
Un día inesquecible!!




AS ONDAS DO MIÑO TV 2016

As Ondas do Miño Tv. é o programa de televisión online que facemos no cole de Crecente. Nel participan todos os nenos e nenas do cole; que poden vivir expriencias do mundo do xornalismo e do audiovisual. 
Unha forma orixinal e diferente de traballar as competencias lingística e dixital. 
Se queredes saber máis podedes acceder ao blogue "As Ondas do Miño" a través do seguinte enlace:

FALEMOS DE PAZ

Vídeo educativo sobre a Paz creado polos rapaces e rapazas de infantil, 1º e 2º de primaria do cole de Crecente; e coordinado polos equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca Escolar.

Unha gran iniciativa que nos lembra cales son as claves para conseguir unha boa convivencia.  

Esperamos que vos guste e que disfrutedes co traballo dos nosos pequenos e pequenas artistas.


BiblioSieiro, a nosa biblioteca.

A BiblioSieiro preséntanos dous vídeos moi interesantes sobre a nosa biblioteca escolar cos que inaugura o ciclo de "En abril, libros mil", en conmemoración ao Día do Libro.
Trátase dunha reportaxe sobre a nosa biblioteca; e un "spot" de animación á lectura.

Se queredes saber máis accedede a través do link; ou da pestana da BiblioSieiro

CAMPEONATO ESCOLAR DE BÁDMINTON


O pasado xoves 10 de marzo celebrouse no polideportivo de Crecente o Campeonato Escolar de Bádminton, organizado polo Clube Bádminton Ponteareas e coa colaboración da ANPA do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro, do Concello de Crecente, do Servicio Provincial de Deportes e da Asociación Deportiva Escolar do Condado e A Paradanta.
Mil grazas a todos os nenos, nenas , nais e pais que asistiron. Esperamos que disfrutaran igual que os nosos rapaces.



O MUNDO EN CÓMIC ´16 - TINTÍN

Un pequeno adianto do programa As Ondas do Miño Tv. que estamos a grabar e realizar no cole de Crecente, neste 2º trimestre. 
Neste caso os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria fan un especial sobre unha das personaxes máis entrañables do noveno arte: o reporteiro Tintín. 


Entroido 2016

Ahí vos deixamos algúns dos mellores momentos que vivimos no Entroido 2016 no
 Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro.
 A medida que vaiamos obtendo máis fotos, irémolas subindo.


THE SUN CAT / O GATO SOL

Atentos ao último proxecto do equipo de Biblioteca Escolar, en colaboración co de Dinamización Lingüistica e as Seccións Bilingües: un conto audiovisual, en inglés subtitulado en galego; que é un recurso moi bo para ir "facendo oído" coa lingua anglosaxona.
Narrado pola nosa auxiliar de conversa, Taylor B.; este conto, que traballamos cos rapaces e rapazas en formato kamishibai (pequeno teatro xaponés) con motivo do Día da Paz; fala da importancia da amizade e do valor que teñen neste mundo todas e cada unha das cousas e seres que convivimos nel, dende as máis pequenas, ata as xigantescas.   


FESTIVAL DE NADAL 2015

Disfrutade cos vídeos do Festival de Nadal 2015 do cole de Crecente. 
Teatro, música, bailes,..., e moito máis.







CRECENTE EN LETRA 2015-2016

Xa está aquí o primeiro número do noso xornal escolar para este curso 2015-2016; cun formato máis similar aos de toda a vida; e cargado de contidos creados polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria relacionados coa nosa vida escolar e co mundo da cultura. 

Xa sabedes que, se queredes consultar un exemplar en papel, estará a disposición de quen o desexe nos diversos espazos da nosa Biblioteca Escolar (recantos, Lugar de Saltón, etc) 

Pero se o voso son as novas tecnoloxías, facede "click" enriba da portada e poderedes disfrutar deste número de  "Crecente en Letra" online.

Boa lectura!!!


RadioSieiro - 1º Programa

Presentamos a última creación de Os Ollos do Minho Producións, un programa de radio grabado e realizado polos rapaces e rapazas do cole de Crecente.



Neste primeiro capítulo, presentado maxistralmente polos nenos e nenas de 6º de Primaria, facemos un pequenos repaso a diferentes temas relacionados co medioambiente, a cultura, literatura e arte.





 Na primeira parte, os alumnos de 6º falaránnos da importancia que ten a auga no noso planeta; e como podemos conservala. Seguiremos co "Clube de Lectura da Aula i9" no que os rapaces e rapazas de 5º recomendarán unha serie  de libros e cómics entretidos para ocupar o noso tempo de lecer. 

Esta primeira parte rematará con música do noso repertorio.


Na segunda parte, os rapaces de 4º presentarán a sección "Unha poesía para cada día" na que os oiremos recitar fragmentos de dous dos grandes xenios da poesía: Rosalía de Castro e Federico García Lorca. Seguidamente os nenos e nenas de 3º ofrecerannos un misterio cultural, "A persoaxe segreda", no que tremos que adiviñar, gracias a unha serie de pistas, de que artista están a falar. Remataremos este primeiro programa con máis música, tamén do repertorio da Aula i9.

Aquí vos quedan os enlaces para poder escoitar cada parte. Prometemos voltar a subilos acompañados dun pase de diapositivas coas mellores imaxes que nos deixou a grabación.

Esperamos que vos gusten!!!!






Comezamos coa RadioSieiro!!!

Unha das novidades que nos ofrece Os Ollos do Minho Producións este curso é a creación dunha  radio online, RadioSieiro; un proxecto que pretende mellorar as habilidades lingüisticas dos nosos rapaces e rapazas; e achegalos a un dos medios de comunicación máis importantes e respetados da historia.

Esta semana comezamos a grabación do primeiro programa na biblioteca escolar, que foi dirixido polos alumnos e alumnas de 6º de primaria.

 Aquí vos deixamos alguns dos mellores momentos que nos está a deixar esta experiencia.


WEB OFICIAL DO COLE DE CRECENTE

Presentámosvos a web oficial do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro. 

Nela podedes atopar diferentes temas e seccións sobre o noso centro, o seu funcionamento, as últimas novas, etc. 
Ademáis tamén iremos colgando as entradas dos diferentes blogues; así como as novas máis importantes do centro (circulares, avisos, documentación , fechas sinaladas, etc)

A construcción desta web ofrece moitas ventaxas; aínda que supón un gran esforzo mantela actualizada e que realmente sexa funcional, polo que vos pedimos un pouco de paciencia. 

Ademáis lembramos que todas aquelas novas importantes que teñan que ver coa organización do centro e das súas actividades, seguiranse entregando en papel e a cada rapaz. 

A web non pretende substituir esta canle de comunicación entre cole e familias, senon completalo. 
As circulares seguirán chegando a casa coma sempre.

Podedes acceder á web "pinchando" na imaxe.





BIBLIOSIEIRO 2015-2016

Este ano tentaremos dar un pequeno empurrón ao noso blogue da biblioteca escolar ao que chamamos BiblioSieiro. 
Nel publicaremos todas as novas, fotos, actividades, etc, que se vaian realizando ao longo do curso.
Comezamos cunha benvida e cun pase de fotos dos nosos alumnos e alumnas comezando os primeiros proxectos.
Podedes ver máis "pinchando" na pestana correspondente no menú




ou a través da seguinte ligazón.