O recuncho do Polo Norte

Creo que xa estamos preparad@s para ensinarvos o noso novo recanto.
Este é o resultado final do traballo en equipo e da investigación que levamos a cabo .
Aquí vos ensinamos o noso recuncho do Polo Norte. Agardamos que vos guste tanto coma a nós.




Ata a próxima!

Con axuda, moito mellor

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de coñecer algún dos animais que viven no polo norte. Para isto, os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria, achegáronse á nosa aula para contarnos un pouco máis sobre estes animaliños. Grazas a eles e a elas, puidemos saber non só o nome dos animais que viven alí, senón tamén outra información moi interesante como: de que se alimentan, se son vertebrados ou invertebrados, a textura da súa pel, a súa pegada e algunha outra curiosidade. 
Velaquí vos deixamos unha pequena demostración.











Canto nos ensinaron estes rapaces e rapazas!