A festa comezou xa de mañá cunhas "Olimpiadas Rústicas" que incluían xogos populares como o pano, a culler, o comecastañas e o brilé.
Tamén estaba planeado facer unha fogueira o máis puro estilo tradicional. Tiñamos os permisos e as ilusións, pero... o tempo non acompañou. Haber se para o ano...
Continuamos a festa despois de xantar coas "Letras do Magosto", un pequeno homenaxe á nosa lingua, que xa comeza a ser unha tradición; e que este ano estivo adicado ás adiviñas, co título de "Adiviña, adiviña, que ten o ourizo na panciña". O resultado, ademáis do bo rato que pasamos, foi a creación dun libro onde se recollen todas as adiviñas sobre o outono que crearon os nosos rapaces e rapazas, e que quedará arquivado na biblioteca do centro a disposición de quen desexe achegarse a botarlle unha ollada.
Ademáis tamén tivemos música. O grupo da Aula I9 preparou unha versión sobre o Magosto, á que chamaron "Vente con Nós"; baseada no mítico tema "The Harder They Come", do músico reggae Jimmy Cliff. Esperamos poder grabar ben este tema para que forme parte do noso próximo disco. En canto a teñamos, a colgaremos no myspace, así que... paciencia.
E por fin chegou o momento máis esperado... o "Castaña Dance". Non podíamos despedirnos deste día sen que aparecera a verdadeira protagonista: a castaña. E non só unha, senon que moreas e moreas de castañas repartíronse entre os nosos nenos e nenas, mentres que a música do Xabarín Club anímaba a bailar.
Pero non vos creades que só fixemos esto. O que vos contamos é o punto final a unha semana rechea de traballos e preparativos. Facer o mural, preparar os bocetos para as adiviñas, montar a canción,... Por sorte contamos cun equipo moi eficaz e ben coordinado. Así por exemplo, na elaboración do mural colaboraron tódolos rapaces e rapazas do centro. Mentres que os máis pequenos prepararon, pintaron e recortaron as letras e os debuxos; os máis maiores encargáronse de "montar" o mural. Eso sí é un verdadeiro traballo en equipo!!!
Disfrutade coas dúas reportaxes sobre o Magosto. Hai tantas cousas que un só video non chegaba!!!
O Magosto 1ª Parte: A Mañá
O Magosto 2ª Parte: A Tarde
E proximamente... Non vos perdades a reportaxe do "Día da Música" con dous invitados de excepción: o famoso guitarrista José Rubio e o baterista Jeser Gil.
Aquí vos deixamos o trailer, para ir abrindo boca.
Moi chulos os vídeos do día do magosto. Os rapaces debérono pasar en grande con tantos xogos e actividades. Felicitacións pola canción de Vente con nós, fixéstelo moi ben. Seguide así!!
ResponderEliminarMoitas grazas Patricia. E en breves, moi breves, estarán publicadas as reportaxes do Día da Música e do Deporte Escolar
ResponderEliminar