Con este video poñemos punto final á serie de titoriais adicados á nosa Muiñeira de Nadal.
Neste caso, o profe Carlos mostra unha forma rápida e sinxela de acompañar a muiñeira cun instrumento de percusión: a darbuka.
Ademáis repasamos os distintos arranxos que leva a nosa peza. Para elo, o profe contou coa axuda dos colaboradores da Aulai9.
Mentres Andrea G, Andrea I, Nadia, Adrián e Gonzalo encargábanse dos instrumentos; Suso Ferreira grababa, camara en man, os mellores momentos.
Pero tranquilos, porque, aínda que este video remata unha serie, as "Clases online da Aulai9" seguen en marcha. En breve poderemos ver máis titoriais das pezas que traballemos, así como de teoría musicail, instrumentos, etc. Ah, e próximamente, Uxía Fariña nos ensinará como iniciarnos no seu instrumento: o tamboril. Estade atentos os trailers!!!
E agora a aprender moito co video-titorial, que xa sabedes, quedará colgado na sección "Clases Online", tanto do blog como do Myspace. A disfrutar!!!
O martes 29 de Novembro ocorreu algo moi especial no Ceip Manuel Sieiro xa que os rapaces de 2º e 3º ciclos acudiron aun dos coles da Paradanta para disfrutar dunhas xornadas deportivas nas que xa facía tempo que non participábamos: o Deporte Escolar.
E non fomos os únicos invitados, pois alí tivemos a ocasión de reencontrarnos con vellos amigos e amigas de Arbo e Valeixe, e con algún outro que xa non é tan neno...
O pavillón enteiro ruxía animando aos participantes que, organizados por turnos, ían pasando polas diferentes probas físicas: relevos, cen metros, saltos, xabarina e balón medicinal.
Unha cita inesquecible chea de deportividade e traballo en equipo, e cun único obxectivo: Pasalo ben!!!
Aquí está a segunda entrega dos titoriáis da Aula i9 adicados á Muiñeira de Nadal.
Neste caso, o profe Carlos explica como poder acompañar de forma sinxela a nosa Muiñeira cos instrumentos de placas, ademáis dalgunha lección que outra de armonía que se lle escapou!!!
Para elo contou coa colaboración de dous membros habituais da Aula i9: "Suso" Ferreira, como ténico de video e son; e Andrea González e a súa inseparable flauta.
Esperamos que vos sirva de axuda para repasar na casa e adentrarvos neste maravilloso mundo que é o da MÚSICA!!!
Aquí está a primeira entrega do que esperamos sexa un ciclo de videos-titoriais online. Neles, os colaboradores da Aula i9 irán ensinando os distintos motivos musicais que forman parte das nosas cancións así como trucos e exercicios para poder prácticalos.
O obxectivo facilitar o repaso na casa, así como poñer en funcionamento unha canle educativa que xa levan empregando as mellores Escolas Musicais do mundo: aprendizaxe online.
Neste caso, Andrea González & Andrea Iglesias, de 6º de Primaria, mostrarannos as melodías para flauta da "Muiñeira de Nadal", tanto á súa velocidade normal como máis lenta, e por partes, para que a poidades aprender ou repasar máis cómodamente.
Estos videos quedarán fixos, na columna da dereita, dando forma a unha nova sección á que chamaremos "Titoriais online", para que os teñades dispoñibles sempre que xurda algunha dúbida.
Ademáis, xa está publicada no Myspace a guía desta Muiñeira, para que poidades escoitar o aire que leva, aprender as partes e repasala, para facelo o mellor posible o día da Gala do Nadal. Así que..., a estudiar!!!
O pasado 22 de novembro, día de Sta. Cecilia, celebramos por todo o alto a festa do Día da Música.
E é que achegaronse dous amigos moi especiais: o baterista Jeser Gil e o guitarrista José Rubio; que ofreceron unha autentica Master Class sobre rock.
Os nenos e nenas da Aula I9 participaron intensamente neste acto: axudaron a descargar e montar o escenario como se fosen autenticos pipas; fixeron de técnicos de son; e mesmo animáronse a tocar cos músicos a nosa canción do magosto, o “Vente con Nós”.
José Rubio amosou varias guitarras, regalou discos e pegatinas, e sorteou camisetas. Ao final tivemos unha pequena sesión de fotos que quedaran para o recordo.
Daba gusto ver aos pequenos bailar coas cabezas mentres José Rubio e Jeser Gil facían cantar aos seus instrumentos.
En fin todo un luxo!!!
Sofía Faílde & Adriñan Gómez (5º Primaria)
Aquí vos deixamos a reportaxe en video. Que a disfrutedes!!!