3ª PARTE DO TITORIAL "MUIÑEIRA DE NADAL"

Con este video poñemos punto final á serie de titoriais adicados á nosa Muiñeira de Nadal. 


Neste caso, o profe Carlos mostra unha forma rápida e sinxela de acompañar a muiñeira cun  instrumento de percusión: a darbuka. 









Ademáis repasamos os distintos arranxos que leva a nosa peza. Para elo, o profe contou coa axuda dos colaboradores da Aulai9.


Mentres Andrea G, Andrea I, Nadia, Adrián e Gonzalo encargábanse dos instrumentos; Suso Ferreira grababa, camara en man, os mellores momentos.






Pero tranquilos, porque, aínda que este video remata unha serie, as "Clases online da Aulai9" seguen en marcha. En breve poderemos ver máis titoriais das pezas que traballemos, así como de teoría musicail, instrumentos, etc. Ah, e próximamente, Uxía Fariña nos ensinará como iniciarnos no seu instrumento: o tamboril. Estade atentos os trailers!!!


E agora a aprender moito co video-titorial, que xa sabedes, quedará colgado na sección "Clases Online", tanto do blog como do Myspace. A disfrutar!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario