E é que os alumnos de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de grabar o primeiro disco producido no Manuel Sieiero de Crecente. Asi o departamento de Música conxuntamente co noso Equipo, prepararon a grabación de catro temas traballados ó longo do ano. Para elo empregouse o seguinte material ( aportado polo profe de Música): ordenador MacBookPro de Apple, unha interface M-BOX2 mini de DIGIDESIGN, un micro SHURE SM58 e os secuenciadores musicais GARAGE BAND e PROTOOLS 8.
As grabacions realizáronse na aula de Música entre marzo e xuño do presente curso. Cabe destacar a participacion de Eva Carreras, que grabou as voces en Nadal de Luintra; e de Iván Salgado que misturou e masterizou o proxecto, así como encargouse do enmaquetado dos cds (ambos membros do grupo folk Mel de Meiga).
Se queredes escoitar algúns dos temas, o podedes facer no noso myspace:
Menuda tropa
ResponderEliminarTienes un talento increible ha ha
ResponderEliminarMoitas grazas!!!
ResponderEliminar