Este ano foron os alumnos de 6º de Primaria os que levaron á batuta no que se refire as presentacións, axuda de escenario e co equipo de son (unha das novidades deste ano).
Entre as actuacións cabe destacar a obra de teatro montada polos alumnos e alumnas de 3º de Primaria, e que leva por título "Cando comezará a escola". Sen esquecer os máis pequeniños, os de Infantil, que cantaron unha panxoliña titulada "Buscando Papá Noel..."; e mesmo se atreveron a bailar unha danza con unhas cantas palmiñas e muiños cara un lado e cara outro!!!
Por suposto, houbo panxoliñas para tódolos gustos (ata en francés!!!); poesías, playbacke; e unha humilde pero sentida homenaxe ao ídolo do rock John Lenon, polo aniversario da sua triste morte, por parte dos nenos e nenas de 5º e 6º, que fixeron unha fermosa versión de "Hey Jude".
E para rematar duas actuacións de luxo: por unha parte Uxía, Nerea e máis o profe de música puxeron o toque folk cunha peza para acordeón, tamboril e guitarra (estas rapazas van chegar moi alto); e por otra parte dou antigos alumnos do centro (Ivo e María) fixeronnos o favor de tocar un tema coa súa banda de rock. Está claro que no Manuel Sieiro de Crecente.... hai canteira!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario