Despois de moito traballo, pois facer radio dá moito chollo, por fin podemos presentarvos o último RadioSieiro, un programa de podcast realizado polos alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro, dirixidos polo dinamizador da Lingua Galega.
Na RadioSieiro participan todos os cursos escolares, cada un coa súa misión. Así, mentres os maiores foron os encargados de presentar e dirixir, os máis pequenos de infantil adicáronse ás cuñas e sintonías do programa; así como os de 1º, 2º, 3º e 4º, presentaron diversas seccións adicada á cultura e arte.
Cabe destacar a sección medioambiental que prepararon os rapaces e rapazas de 5ºde primaria; na que nos ofrecen unha serie de consellos e recomendacións para o coidado do noso medio moi interesante e formativa.
Ademais, seguindo co espíritu de autoproducción, tamén incluimos no programa a canción que grabou o grupo do cole, a Aula i9 Band, ao longo do curso. Trátase dunha versión do famoso tema de Suso Vaamonde, Galicia.
Para rematar, lembrade que RadioSieiro é un dos tres proxectos anuais que forman parte dunha iniciativa maior, As Ondas do Miño Comunicacións; un proxecto de comunicación audiovisual e desenvolvemento das capacidades lingüísticas en galego; co que xa levamos uns cantos anos; e que está formado polo programa de radio; "O Rebusco", o noso xornal escolar; e "As Ondas do Miño Tv", o programa de tele.
Deixámosvos os enlaces para que podades disfrutar de todos estes contidos:
Unha das máis fermosas tradicións que estamos a afianzar ano tras ano en Crecente son as visitas e colaboracións dos rapaces e rapazas do cole coas distintas institucións da vila, sobretodo coa Galiña Azul e coa Residencia de San Pedro para a 3ª Idade. @s alumn@s voluntari@s ofreceron aos nosos pequenos e maiores un recital literario e musical; unha pequena mostra do traballado na Biblioteca Escolar e na Aula i9 de Música, ao longo deste último trimestre.
O Rebusco é a revista anual que realizamos no CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro; e na que participan todos os nenos e nenas; mestres e mestras do cole; coordinados polo Dinamizador da Lingu Galega.
Ademais é un dos tres bloques fundamentais do proxecto en comunicación audiovisual en galego que realizamos no cole; e ao que chamamos "AS ONDAS DO MIÑO COMUNICACIÓNS"; xunto ao programa de tv (AS ONDAS DO MIÑO TV) e o programa de radio (RADIOSIEIRO).
Aquí vos deixamos o último programa de As Ondas do Miño Tv, un proxecto audiovisual en galego no que participan todos os nenos e nenas do cole de Crecente; simulando un "magazine televisivo"
no que alternamos noticias, reportaxes, seccións cuturais, etc.
O pasado día 2 de decembro recibimos unha visita moi especial. Con motivo do Día da Discapacidade, as rapazas do centro EVD de Crecente achegáronse ata o cole para realizar conxuntamente un acto precioso cheo de mensaxes, cancións, esperanza e moitos globos.
Non vos perdades as mellores imaxes e lembrade que tod@s temos os mesmos dereitos, nin máis, nin menos.
Ahí vos queda este proyecto de historia e comunicación audiovisual que realizamos no cole de Crecente; e no que fajemos un pequeño repaso á evolución do ser humano.
Este proxecto comezou no curso 2015-2016 como unha boa maneira de achegar ao noso alumnado á historia; ao tempo que nos permitiu empregar e dinamizar a nosa biblioteca escolar como un espazo de creación e elaboración de materiais didácticos audiovisuais; tarefa na que xa levamos embarcados uns cinco ou seis anos.
Ademais esta serie de documentais pasarán a formar parte do noso fondo audiovisual no que xa contamos con outras reportaxes como a serie adicada ao Universo e Sistema Solar; ou os documentais que temos sobre as diferentes clases de vertebrados e invertebrados; e que podedes ver na sección "Un chisco de ciencia".
Outro ano máis, e xa van catro, poñemos a andar o noso proxecto en comunicación audiovisual ao que chamamos As Ondas do Miño Comunicacións, e que, como moitos xa sabedes, consta dun programa de radio (RadioSieiro); dunha serie de xornais escolares (Crecente en Letra e O Rebusco); e dun programa de televisión (As Ondas do Miño Tv.)
Nesta ocasión, achegámosvos o primeiro programa de tele, un especial sobre a festa de Samaween, presentado por rapaces e rapazas de 5º e 6º.