Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas

THE SUN CAT / O GATO SOL

Atentos ao último proxecto do equipo de Biblioteca Escolar, en colaboración co de Dinamización Lingüistica e as Seccións Bilingües: un conto audiovisual, en inglés subtitulado en galego; que é un recurso moi bo para ir "facendo oído" coa lingua anglosaxona.
Narrado pola nosa auxiliar de conversa, Taylor B.; este conto, que traballamos cos rapaces e rapazas en formato kamishibai (pequeno teatro xaponés) con motivo do Día da Paz; fala da importancia da amizade e do valor que teñen neste mundo todas e cada unha das cousas e seres que convivimos nel, dende as máis pequenas, ata as xigantescas.   


BENVIDOS AO CURSO 2014-2015

Xa estamos de volta, un ano máis, co blogue de Os Ollos do Minho; e xa van uns cantos.
Ao longo de todo este tempo, pasaron polo cole moitos rapaces e rapazas que deixaron o seu selo persoal nos moitos proxectos, vídeos, fotos, etc; que conforman o blogue dunha escola con moitas gañas de darse a coñecer, de mostrar do que somos capaces de facer, aínda que o resultado sexa, en moitas ocasións, humilde. Pero o equipo que formamos no pasado, presente e futuro de "Os Ollos do Minho", sabemos ben que o importante é o camiño que recorremos para chegar a obter eses resultados; as horas de convivencia e traballo en equipo; o esforzo e adicación que poñemos en cada cousa que se fai. Ese é o segredo que fai funcionar este proxecto.

Gustaríanos adicar estes vídeos e fotografías que o Equipo de Biblioteca realizou o ano pasado, e que mostran parte do gran traballo que levaron a cabo; a todas as persoas, profes, pais, nais, alumnos e alumnas de agora e sempre; que participastes, directa ou indirectamente, en "A Ondas do Minho".

Gracias!!!












UN CONTO CON ANXO MOURE

No Ceip Manuel Sieiro disfrutamos moito cos contos, iso é ben sabido.

Pero se o que nos conta o conto non é unha persoa, senon unha árbore, a diversión está garantida.

Non vos perdades as mellores fotos deste acto no que, o gran Anxo Moure, ensinounos o importante
que son as árbores e o seu coidado no mundo actual.