Mostrando entradas con la etiqueta Festival. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festival. Mostrar todas las entradas

FSTIVAL FIN DE CURSO 2018

Mellores imaxes e vídeos das actuacións dos nosos rapaces e rapazas no Festival Fin de Curso 2018 do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro.






















FESTIVAL FIN DE CURSO´17 - ACTUACIÓNS

Ahí vos quedan os vídeos con todas as actuacións que se levaron a cabo no festival do pasado día 22 de xuño.
Música en directo, teatro, playbacks, e moito máis... 

Non volo perdades!!!












FESTIVAL FIN DE CURSO ´17 - A ESPADA ENCANTADA

Ahí vos queda a obra que interpretou a Compañía de Teatro Escolar de Crecente 
no festival fin de curso. 

Creada e dirixida pola nosa querida mestra de teatro Patricia Claro. 






Os Furafollas de Oroso

Ahí vos deixamos o vídeo da A.C. Furafollas de Oroso abrindo o festival fin de curso 2015/2016 no cole de Crecente.
Moitas grazas pola colaboración e esperamos volver a disfrutar coas súas cancións!!!


FESTIVAL DE NADAL 2015

Disfrutade cos vídeos do Festival de Nadal 2015 do cole de Crecente. 
Teatro, música, bailes,..., e moito máis.







Festival pola Gorra - Aula i9 Band

Aquí vos deixamos máis vídeos do I Festival pola Gorra do cole de Crecente, celebrado o 9 de maio de 2015.

Nesta ocasión, disfrutade cos nenos e nenas da Aula i9 Band.








Festival Pola Gorra - Menage a Trois & Aula i9

Xa están aquí os vídeos da actuación dos nosos rapaces e rapazas da Aula i9 Band co grupo Menage a Trois.
Dous temas, "Adios" e "Bei Mir Swing" cargados de enerxía que amoscan a arte que se respira no noso cole.

Disfrutade e non deixedes de seguir a esta gran banda, Menage a Trois!!!!





I FESTIVAL "POLA GORRA"

O próximo 9 de maio estades invitados todos e todas ao I Festival "Pola Gorra"; unha iniciativa do EDLG; destinada,  neste caso, a recaudar fondos para a excursión que os nosos nenos e nenas de 6º de Primaria realizarán a Madrid a final de curso.




INAUGURACIÓN SALÓN DE ACTOS

O pasado 18 de marzo de 2015 quedou oficialmente inaugurado o noso novo escenario, un proxecto  que levábamos moito tempo perseguindo e que hoxe é unha realidade gracias ao excelente traballo de toda a comunidade escolar, e sobretodo da ANPA, que adicou moitas horas e esforzo para que os nosos nenos e nenas disfruten dun salón de actos que realmente merecen.

Disfrutade cos vídeos do acto de inauguración, ao que asistiron, entre outros, o Excelentísimo Director Xeral de Centros, D. Jose Manuel Pinal, ao que agradecemos toda a axuda prestada así como a súa presencia nese día tan especial para o cole de Crecente.

















Papá Noel no cole de Crecente

Ahí vos quedan as fotos da visita que nos fixo Papá Noel no festival de Nadal.

Menuda sorpresa!!!


          

Festival de Nadal 2014

Aquí vos queda un resumo do Festival de Nadal.

En canto nos sexa posible, subiremos o vídeo da obra de teatro do Nadal.

Que o disfrutedes!!!


GALA FIN DE CURSO


Xa chegamos ao final do curso, non sin antes despedirnos ao grande. Nesta ocasión organizamos un gran festiva,l o último día de clase, pola tarde.
Como xa fixeramos polo Nadal, empregamos o novo formato "Gala"; e, así, fomos lembrando todos os bos momentos que tivemos este ano alternando, eso sí, todo tipo de actuacións e exhibicións a cargo dos nosos nenos e nenas.
Ademáis aproveitamos para presentar a nosa derradeira creación deste curso: un DVD no que recopilamos unha parte das actividades que organizou este ano a productora. Navegando polos menús e submenús podemos disfrutar dos mellores vídeos, fotos, trailers, tutoriais, etc; que realizamos este curso, e que, por suposto xa están colgados no blogue que estas a visitar.

Na gala tivemos de todo: cancións, playbakcs,..., e moitos vídeos. Debemos destacar ao grupo de teatro que, baixo a dirección da representante do Anpa, Patricia Claro, representou con gran acerto "A verdadeira historia da Carrapuchiña Vermella". Que gran canteira de actores e actrices temos en Crecente...


De seguido puidemos disfrutar dunha impresionante exhibición a cargo do equipo de Kung - Fu; outra das actividades extraescolares que máis aceptación ten, xunto coa de teatro; e que esperemos que continúen en anos vindeiros.


Pero é que ademáis tivemos música. Os nosos nenos e nenas do Aula i9 ofrecéronnos unha serie de actuacións en directo que remataron cun concerto moi especial xa que, por unha banda, tivemos ocasión de disfrutar coa música tradicional de Uxía e Ismael Fariña, que nos sorprenderon cun pequeno concerto folk; e por outra banda, tivemos a actuación do dúo orensán "Los Amigos de lo Ajeno"; que, xunto aos rapaces do Aula i9 puxeron a guinda final a un gran festival, cantando el tema "La vida es Carnaval", que forma parte do noso segundo disco. De feito contamos coa presenza de Lorena Sotelo, que se achegou ao cole para poder estrenar este tema xunto aos nosos rapaces e rapazas. Por iso e máis, dende aquí queremos darlle as grazas e mandarlle un bico moi forte, con todo o cariño dos que vivimos o día a día no Ceip Manuel Sieiro


Disfrutade cos vídeos de distintos momentos da Gala, e a descansar, que este ano sí que o merecemos todos e todas.



FESTIVAL MUSICO-TEATRAL

Co fin de recaudar fondos para a Excursión Fin de Etapa, o sabado 7 de Maio celebramos un festival artístico no CEIP Manuel Sieiro. Para elo, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria prepararon unha obra de teatro “Os asuntos dun zapateiro", baixo a dirección escénica do director e a especialista de P.T. Ademáis contamos coa actuación da Coral de Crecente, e co grupo ourensán “Los Amigos de lo Ajeno”. Dúas horas de cultura por unha boa causa.