O Magosto 2011




A festa comezou xa de mañá cunhas "Olimpiadas Rústicas" que incluían xogos populares como o pano, a culler, o comecastañas e o brilé.
Tamén estaba planeado facer unha fogueira o máis puro estilo tradicional. Tiñamos os permisos e as ilusións, pero... o tempo non acompañou. Haber se para o ano...





Continuamos a festa despois de xantar coas "Letras do Magosto",  un pequeno homenaxe á nosa lingua, que xa comeza a ser unha tradición; e que este ano estivo adicado ás adiviñas, co título de "Adiviña, adiviña, que ten o ourizo na panciña". O resultado, ademáis do bo rato que pasamos, foi a creación dun libro onde se recollen todas as adiviñas sobre o outono que crearon os nosos rapaces e rapazas, e que quedará arquivado na biblioteca do centro a disposición de quen desexe achegarse a botarlle unha ollada.




Ademáis tamén tivemos música. O grupo da Aula I9 preparou unha versión sobre o Magosto, á que chamaron "Vente con Nós"; baseada no mítico tema "The Harder They Come", do músico reggae Jimmy Cliff. Esperamos poder grabar ben este tema para que forme  parte do noso próximo disco. En canto a teñamos, a colgaremos no myspace, así que... paciencia.

E por fin chegou o momento máis esperado... o "Castaña Dance". Non podíamos despedirnos deste día sen que aparecera a verdadeira protagonista: a castaña. E non só unha, senon que moreas e moreas de castañas repartíronse entre os nosos nenos e nenas, mentres que a música do Xabarín Club anímaba a bailar.




Pero non vos creades que só fixemos esto. O que vos contamos é o punto final a unha semana rechea de traballos e preparativos. Facer o mural, preparar os bocetos para as adiviñas, montar a canción,... Por sorte contamos cun equipo moi eficaz e ben coordinado. Así por exemplo, na elaboración do mural colaboraron tódolos rapaces e rapazas do centro. Mentres que os máis pequenos prepararon, pintaron e recortaron as letras e os debuxos; os máis maiores encargáronse de "montar" o mural. Eso sí é un verdadeiro traballo en equipo!!!


Disfrutade coas dúas reportaxes sobre o Magosto. Hai tantas cousas que un só video non chegaba!!!



O Magosto 1ª Parte: A Mañá



O Magosto 2ª Parte: A Tarde



E proximamente... Non vos perdades a reportaxe do "Día da Música" con dous invitados de excepción: o famoso guitarrista José Rubio e o baterista Jeser Gil.
Aquí vos deixamos o trailer, para ir abrindo boca.

guías da canción do magosto

Xa está colgada no Myspace Aula I9 a primeira guía-titorial para que, os que desexen participar con nós, poidan estudiar na casa e facerse unha idea de cómo imos a levar o tema do Magosto "Vente con Nós".  Só tedes que pinchar no enlace da Aula I9 e xa vos enviará o Myspace. Unha vez alí só tedes que buscar o tema no reproductor e..., a estudiar!!!

Tamén podedes ver videos de diversos artistas e bandas, que tódalas semanas iremos cambiando, no novo módulo "Algo de música para coñecer"

Gracias pola vosa visita e... a pasalo ben!!!