GALA FIN DE CURSO


Xa chegamos ao final do curso, non sin antes despedirnos ao grande. Nesta ocasión organizamos un gran festiva,l o último día de clase, pola tarde.
Como xa fixeramos polo Nadal, empregamos o novo formato "Gala"; e, así, fomos lembrando todos os bos momentos que tivemos este ano alternando, eso sí, todo tipo de actuacións e exhibicións a cargo dos nosos nenos e nenas.
Ademáis aproveitamos para presentar a nosa derradeira creación deste curso: un DVD no que recopilamos unha parte das actividades que organizou este ano a productora. Navegando polos menús e submenús podemos disfrutar dos mellores vídeos, fotos, trailers, tutoriais, etc; que realizamos este curso, e que, por suposto xa están colgados no blogue que estas a visitar.

Na gala tivemos de todo: cancións, playbakcs,..., e moitos vídeos. Debemos destacar ao grupo de teatro que, baixo a dirección da representante do Anpa, Patricia Claro, representou con gran acerto "A verdadeira historia da Carrapuchiña Vermella". Que gran canteira de actores e actrices temos en Crecente...


De seguido puidemos disfrutar dunha impresionante exhibición a cargo do equipo de Kung - Fu; outra das actividades extraescolares que máis aceptación ten, xunto coa de teatro; e que esperemos que continúen en anos vindeiros.


Pero é que ademáis tivemos música. Os nosos nenos e nenas do Aula i9 ofrecéronnos unha serie de actuacións en directo que remataron cun concerto moi especial xa que, por unha banda, tivemos ocasión de disfrutar coa música tradicional de Uxía e Ismael Fariña, que nos sorprenderon cun pequeno concerto folk; e por outra banda, tivemos a actuación do dúo orensán "Los Amigos de lo Ajeno"; que, xunto aos rapaces do Aula i9 puxeron a guinda final a un gran festival, cantando el tema "La vida es Carnaval", que forma parte do noso segundo disco. De feito contamos coa presenza de Lorena Sotelo, que se achegou ao cole para poder estrenar este tema xunto aos nosos rapaces e rapazas. Por iso e máis, dende aquí queremos darlle as grazas e mandarlle un bico moi forte, con todo o cariño dos que vivimos o día a día no Ceip Manuel Sieiro


Disfrutade cos vídeos de distintos momentos da Gala, e a descansar, que este ano sí que o merecemos todos e todas.