Aquí vos vai outras entregas dos nosos "Documentais da Aula i9". Como son varias as especies das que hai que falar, iremos misturando as reportaxes de forma que en todos os vídeos aparezan, polo menos, un documental de invertebrados e outro de vertebrados; agás os artrópodos e mamíferos que irán no seguinte post, xunto ao "Making of..."
Debemos resaltar que este proxecto é moi completo e complexo, pois incluíu o desenvolvemento e reforzo de moitas habilidades e destrezas que os nosos nenos e nenas deben traballar a diario (aínda que así é máis divertido); como a lectura, a memorización ou a redacción (dos guións, claro). Ademáis permitiulles acceder a unha serie de coñecementos sobre imaxe e son; fotografía; etc; que normalmente está fora do alcance destas idades. Nestes documentais, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria no só recolleron a información; senon que aprenderon a estructurala e convertila en guións; grabaron ditos guións, tanto como "dobladores"; como técnicos de son; prepararon os decorados; e grabaron as imaxes e presentacións que acompañan aos vídeos. De feito, algúns xa se atreveron a editar as imaxes e realizar os vídeos, por sí mesmos.
O resultado, en parte o podedes ver hoxe. E digo en parte porque todo este contido e moito máis pasará a formar parte do noso propio centro de recursos, en formato dvd, con sus menús, capítulos e extras; ao profesional. Esperemos que non sexa o derradeiro.
E nada máis. Disfrutade cos vídeos de hoxe; e vémonos na seguinte entrega dos "Documentais da Aula i9"
Mostrando entradas con la etiqueta Guías e tutoriais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Guías e tutoriais. Mostrar todas las entradas
APRENDEMOS A TOCAR O TAMBORIL CON UXÍA FARIÑA
Presentamos unha nova entrega das "Clases online da Aula i9".
Neste caso a nosa colaboradora, Uxía Fariña, ensínanos as primeiras leccións para comezar a tocar un instrumento tradicional da nosa terra: o tamboril.
Non vos perdades a soltura e naturalidade da que esperemos chegue a ser unha gran artista.
Neste caso a nosa colaboradora, Uxía Fariña, ensínanos as primeiras leccións para comezar a tocar un instrumento tradicional da nosa terra: o tamboril.
Non vos perdades a soltura e naturalidade da que esperemos chegue a ser unha gran artista.
Música Mestre I
A serie contará con varios vídeos, divididos por contidos (conceptos básicos, ritmo, melodía, armonía, etc), e nos que a dificultade irá aumentando progresivamente, a medida que vaiamos avanzando.
Ademáis temos pensado facer titoriais sobre outros aspectos educativos, ademáis dos músicais. Así está pendiente de elaboración unha serie sobre os instrumentos que podemos disfrutar no noso centro, e na que poderemos ver a duas das nosas artístas, Uxia e Nerea, dar unha pequena Master Class. Tamén estamos pensando na posibilidade de facer uns documentais ou vídeos didácticos sobre aspectos máis científicos, relacionados coa área de Coñecemento do Medio.
Como vedes, o obxectivo desta sección é convertirse nunha ferramenta útil a través da que poidamos, repasar, formarnos e aprender cousas novas.
Disfrutade co vídeo e ..., a aprender!!!
Guía da canción do entroido


Esta guía está elaborada integramente pola Aula i9 e nun tempo record (dous días), polo que pedimos perdón de antemán polos posibles erros de grabación que escoitedes; e polo son das supostas "trompetas", xa que son os únicos samples dos que dispoñemos.
Disfrutade da guía, que poderedes escoitar pinchando no enlace do Dropbox; e... a estudiar !!!
Guía da canción do Día da Paz
Aquí vos deixamos a guía do tema Whatever, da banda británica Oasis, e que imos a versionar para conmemorar o Día da Paz. Esta guía foi grabada integramente pola Aula i9. Para elo investigamos no universo MIDI e nas posibilidades que permite o emprego de "samples" e "loops" para poder presentarvos unhas guías cada vez máis elaboradas. Así podedes comprobar que tanto a batería como as cordas ou o rodhes que se emprega para a melodía de voz, están "sampleados".
E é que, pouco a pouco, o noso estudio de grabación vai crecendo e facéndose cada vez máis sofisticado, dentro das nosas limitacións, claro está.
Ademáis aproveitamos para probar outra aplicación que nos permitirá achegarvos arquivos como cancións, videos, documentos de texto, partituras, con só facer click nun enlace. Trátase de Dropbox, e aquí abaixo, deixamovos o enlace á canción.

Whatever.mp3
3ª PARTE DO TITORIAL "MUIÑEIRA DE NADAL"
Con este video poñemos punto final á serie de titoriais adicados á nosa Muiñeira de Nadal.
Neste caso, o profe Carlos mostra unha forma rápida e sinxela de acompañar a muiñeira cun instrumento de percusión: a darbuka.

Ademáis repasamos os distintos arranxos que leva a nosa peza. Para elo, o profe contou coa axuda dos colaboradores da Aulai9.
Mentres Andrea G, Andrea I, Nadia, Adrián e Gonzalo encargábanse dos instrumentos; Suso Ferreira grababa, camara en man, os mellores momentos.
Pero tranquilos, porque, aínda que este video remata unha serie, as "Clases online da Aulai9" seguen en marcha. En breve poderemos ver máis titoriais das pezas que traballemos, así como de teoría musicail, instrumentos, etc. Ah, e próximamente, Uxía Fariña nos ensinará como iniciarnos no seu instrumento: o tamboril. Estade atentos os trailers!!!
E agora a aprender moito co video-titorial, que xa sabedes, quedará colgado na sección "Clases Online", tanto do blog como do Myspace. A disfrutar!!!
Neste caso, o profe Carlos mostra unha forma rápida e sinxela de acompañar a muiñeira cun instrumento de percusión: a darbuka.

Ademáis repasamos os distintos arranxos que leva a nosa peza. Para elo, o profe contou coa axuda dos colaboradores da Aulai9.


E agora a aprender moito co video-titorial, que xa sabedes, quedará colgado na sección "Clases Online", tanto do blog como do Myspace. A disfrutar!!!
2º Video-Titorial da Aula i9
Aquí está a segunda entrega dos titoriáis da Aula i9 adicados á Muiñeira de Nadal.



Esperamos que vos sirva de axuda para repasar na casa e adentrarvos neste maravilloso mundo que é o da MÚSICA!!!
1º video-titorial online sobre a Muiñeira do Nadal



Neste caso, Andrea González & Andrea Iglesias, de 6º de Primaria, mostrarannos as melodías para flauta da "Muiñeira de Nadal", tanto á súa velocidade normal como máis lenta, e por partes, para que a poidades aprender ou repasar máis cómodamente.

Estos videos quedarán fixos, na columna da dereita, dando forma a unha nova sección á que chamaremos "Titoriais online", para que os teñades dispoñibles sempre que xurda algunha dúbida.
Ademáis, xa está publicada no Myspace a guía desta Muiñeira, para que poidades escoitar o aire que leva, aprender as partes e repasala, para facelo o mellor posible o día da Gala do Nadal.
Así que..., a estudiar!!!

Guía da Muiñeira de Nadal
guías da canción do magosto
Xa está colgada no Myspace Aula I9 a primeira guía-titorial para que, os que desexen participar con nós, poidan estudiar na casa e facerse unha idea de cómo imos a levar o tema do Magosto "Vente con Nós". Só tedes que pinchar no enlace da Aula I9 e xa vos enviará o Myspace. Unha vez alí só tedes que buscar o tema no reproductor e..., a estudiar!!!
Tamén podedes ver videos de diversos artistas e bandas, que tódalas semanas iremos cambiando, no novo módulo "Algo de música para coñecer"
Gracias pola vosa visita e... a pasalo ben!!!
Tamén podedes ver videos de diversos artistas e bandas, que tódalas semanas iremos cambiando, no novo módulo "Algo de música para coñecer"
Gracias pola vosa visita e... a pasalo ben!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)