Guía da canción do Día da Paz


Aquí vos deixamos a guía do tema Whatever, da banda británica Oasis, e que imos a versionar para conmemorar o Día da Paz. Esta guía foi grabada integramente pola Aula i9. Para elo investigamos no universo MIDI e nas posibilidades que permite o emprego de "samples" e "loops" para poder presentarvos unhas guías cada vez máis elaboradas.  Así podedes comprobar que tanto a batería como as cordas ou o rodhes que se emprega para a melodía de voz, están "sampleados". 
E é que, pouco a pouco, o noso estudio de grabación vai crecendo e facéndose cada vez máis sofisticado, dentro das nosas limitacións, claro está.


Ademáis aproveitamos para probar outra aplicación que nos permitirá achegarvos arquivos como cancións, videos, documentos de texto, partituras, con só facer click nun enlace. Trátase de Dropbox, e aquí abaixo, deixamovos o enlace á canción.







Whatever.mp3

1 comentario:

  1. Gústame moito este tema, seguro que ó final, con letra e todo, vai quedar espectacular. Cando eu era pequena non tiñamos tantos medios, nin un profe tan implicado. Gran traballo!!

    ResponderEliminar