CRECENTE EN LETRA 1

Xa está aquí a última creación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: un xornal escolar no que vos iremos contando as novidades e acontecementos do cole.
O ano pasado xa experimentamos con formatos audiovisuais; e este curso tentaremos facer o mesmo, pero empregando outro dos medios de comunicación de masas máis consumidos nos últimos séculos, o xornal.

Mes a mes, se é posible, achegarémosvos un novo número de Crecente en Letra, ao que poderedes acceder e descargar facendo click no enlace. Ademais, imprimiremos unha serie de exemplares que quedarán no cole (Biblioteca, "Recuncho de Saltón", sala de mestres...) á disposición de toda a comunidade escolar

Agardamos que vos guste esta iniciativa, e esperamos poder contar con máis voluntarios; e poder ofrecer, así, máis contidos no próximo número.





BENVIDOS AO CURSO 2014-2015

Xa estamos de volta, un ano máis, co blogue de Os Ollos do Minho; e xa van uns cantos.
Ao longo de todo este tempo, pasaron polo cole moitos rapaces e rapazas que deixaron o seu selo persoal nos moitos proxectos, vídeos, fotos, etc; que conforman o blogue dunha escola con moitas gañas de darse a coñecer, de mostrar do que somos capaces de facer, aínda que o resultado sexa, en moitas ocasións, humilde. Pero o equipo que formamos no pasado, presente e futuro de "Os Ollos do Minho", sabemos ben que o importante é o camiño que recorremos para chegar a obter eses resultados; as horas de convivencia e traballo en equipo; o esforzo e adicación que poñemos en cada cousa que se fai. Ese é o segredo que fai funcionar este proxecto.

Gustaríanos adicar estes vídeos e fotografías que o Equipo de Biblioteca realizou o ano pasado, e que mostran parte do gran traballo que levaron a cabo; a todas as persoas, profes, pais, nais, alumnos e alumnas de agora e sempre; que participastes, directa ou indirectamente, en "A Ondas do Minho".

Gracias!!!












ONDAS DO MIÑO - CAP. 5 - O DÍA DA PAZ

Quinto programa de As Ondas do Miño, sobre o Día da Paz.
Non vos perdades as diversas seccións que vos ofrecen os rapaces e rapazas da Aula i9.

E xa sabedes, se queredes botar unha ollada a este proxecto, só tedes que acceder a través da pestana, na barra superior.


Patinaxe artística en Tui

Os nosos rapaces e rapazas do equipo de patinaxe do Cole de Crecente, participaron nunha exhibición de patinaxe na vila de Tui; na que amosaron que no Manuel Sieiro andamos tamén a "oito rodas"

Noraboa rapazada!!!!!


Mamá, eu quero un cabalo!!!!

Aquí vos deixamos un pase de fotos da visita que os nenos e nenas de infantil e 1º de Primaria realizaron ao centro ecuestre "O Mundil"; no concello de Cartelle.

Un lugar increible con xente increible; e a que lle damos as grazas por tratarnos tan ben. Un saúdo a todos e disfrutade cos nosos pequechos convertidos en auténticos xinetes.


As Ondas do Miño

Cuarto capítulo do noso programa informativo "As Ondas do Miño". Nesta ocasión ofrecemos un especial co último proxecto da Aula i9, Mestres de Mestres, unha serie de documentais sobre a vida e obras de grandes xenios da Historia.
E na sección pequenos cativos, poderedes ver aos nosos meniños coas mans na masa.

Por outra banda, gustaríanos anunciar que este proxecto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xa ten o seu propio blogue, no que colgaremos os capítulos e as diversas seccións; para que non vos perdades nada!!!

Podedes acceder dende este link:

http://ondasdominho.blogspot.com.es/

Disfrutade co especial "Mestre de Mestres"





En abril, libros mil

Durante o mes de abril puxemos en práctica unha serie de proxectos dirixidos a mellorar o nivel de lectura e comprensión do alumnado. Os encargados de levar a cabo esta tarefa foron, na maioría dos casos, os nosos alumn@s bibliotecari@s; que ao longo do mes, convertíronse en auténticos contacontos, poetas e guías de lectura para os máis pequenos. (Os tres Porquiños; o Día da Poesía; os Recantos de lectura.


Ademáis destacar, entre outras moitas cousas, o "Conto Viaxeiro sobre as aventuras de Saltón", realizado por todos os nenos e nenas do cole de Crecente.


Por certo, debemos lembrar que, por actuacións coma as que podemos contemplar nestes vídeos; así como pola gran labor que levan realizada ao longo de todo este curso; @s nos@s voluntari@s gañaron, de entre todos os centros de Galicia, un dos premios como Alumnos Bibliotecarios, o que lles permitirá vivir, ao longo dunha semana, a finais de maio, unha autentica experiencia colaborativa, xunto aos rapaces e rapazas dos outros centros gañadores; na vila de O Burgo, en A Coruña.

Deixámosvos a reportaxe-homenaxe que queremos facerlles dende a Aula i9 polo seu traballo e constancia; e porque son os mellores!!!!











































Entroido 2014

Ahí vos quedan os vídeos-reportaxes sobre un dos mellores entroidos que celebramos no cole de Crecente.

Música, xogos, mascaras, moitos disfraces e un gran desfile para rematar a xornada.

E é que este ano todos (nais, pais, mestres, etc) traballamos moito para que esta festa fora inesquecible.

E abofé que así foi.

Moitas grazas a todas as familias que nos apoiades e axudades, proxecto tras proxecto. Sen a vosa colaboración, nada desto sería posible.




DÍA DA PAZ

Foron moitas as actividades que realizamos polo Día da Paz no cole de Crecente: contos, cancións, poemas, cine,...
Esperamos que estes vídeos resuman todo o que deu esa semana; e atentos á curtametraxe, "Falemos de Paz"













AS ONDAS DO MIÑO III - O NADAL

Aquí vos deixamos o programa de As Ondas do Miño adicado ao mes de decembro.
Dirixido maxistralmente polos rapaces e rapazas de 1º Ciclo de Primaria; este capítulo céntrase nas actividades e proxectos postos en práctica no cole de Crecente polo Nadal.
Non vos podedes perder a reportaxe da Aula i9 sobre a Semana Cultural; a entrevista ao grupo Mel de Meiga; ou a sección dos peques, na que nos falarán da biblioteca.

Esperamos que vos guste e sentimos o retraso!!!!


















OBRADOIROS DE COCIÑA

Este ano continuamos cunha iniciativa  interesante, formativa e sobretodo deliciosa; pois os nosos alumnos e alumnas aprenderán, a través destes obradoiros, o valor da boa cociña.

Moitas grazas ás voluntarias (nais, cociñeiras, mestras) que facedes realidade este proxecto!!!!




Festival de Nadal 2013

Xa podedes disfrutar dos vídeos do Festival de Nadal do 2013!!!

Desculpade o retraso!!!!









Folk in Crecente - Aula i9 & Mel de Meiga

O pasado mércores 18 de decembro, no cole de Crecente tivemos unha cita moi especial; pois celebramos o noso primeiro festival musical, "Folk in Crecente".
 nesta ocasión os rapaces e rapazas da Aula i9 ofreceron un concerto cos temas que forman parte do noso último disco; e que podedes escoitar a través dos seguintes enlaces.

-Rompeu a Chiculatera

-A Rianxeira

-Brazos pra Seitura (colab. Nadia Fonseca)

-"Crecente Style"


Ademáis contamos cuns invitados de excepción: Nadia Fonseca e Kakus Campos, do grupo galego Mel de Meiga. Ambos músicos aproveitaron para presentar en acústico temas do seu último disco, que leva o nome de Crecente. Ademáis, despois do concerto, responderon ás preguntas dos nosos xornalistas nunha pequena entrevista que poderedes ver no 3º programa do noso informativo, "As Ondas do Miño".


Disfrutade coa música!!!