Ahí vos queda este proyecto de historia e comunicación audiovisual que realizamos no cole de Crecente; e no que fajemos un pequeño repaso á evolución do ser humano.
Este proxecto comezou no curso 2015-2016 como unha boa maneira de achegar ao noso alumnado á historia; ao tempo que nos permitiu empregar e dinamizar a nosa biblioteca escolar como un espazo de creación e elaboración de materiais didácticos audiovisuais; tarefa na que xa levamos embarcados uns cinco ou seis anos.
Ademais esta serie de documentais pasarán a formar parte do noso fondo audiovisual no que xa contamos con outras reportaxes como a serie adicada ao Universo e Sistema Solar; ou os documentais que temos sobre as diferentes clases de vertebrados e invertebrados; e que podedes ver na sección "Un chisco de ciencia".
Dende o Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente presentamos esta serie de documentais sobre a historia da humanidade; unha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega; que pretende despertar no alumnado a curiosidade histórica e transmitir a importancia de coñecer ben o noso pasado para poder crear un futuro mellor.
Esta primeira temporada leva por título Evolución, un repaso á aparición e desenvolvemento dos nosos ancestros homínidos ata a aparición do ser humano moderno.
Neste primeiro capítulo repasaremos a aparición e evolución dos Australopithecus, os nosos ancestros primates.
E como todo chega ao seu fin, aquí vos deixamos o derradeiro capítulo de "Mirando ao ceo co Aula i9"; a serie documental creada polos nenos e nenas do Ceip Manuel Sieiro, na que a través de seis capítulos, fixemos un percorrido pola nosa galaxia e o noso Sistema Solar.
Neste último episodio coñeceremos un pouco mellor os planetas Urano e Neptuno da man de Adrián Gómez e Leandro E. Torres.
Ademáis podedes disfrutar dun vídeo extra coas mellores tomas falsas do rodaxe.
Esperamos que aprendérades moito cos nosos documentais que estarán dispoñibles na nosa sección "Un chisco de Ciencia".
Aquí vos deixamos o Capitulo III dos ultimos documentais do Aula I9, "Mirando ao ceo". Nesta ocasion faremosn un repaso a os dous primeiros planetas interiores, Mercurio e Venus, dous dos planetas mais espectaculares do sistema solar.
Non vos perdades estes dous traballos creados por Pablo Pereira e Cristian Gesteira.
Aquí vos deixamos a segunda entrega da serie de documentais creados polo Aula i9, "Mirando ao Ceo".
Neste ocasión recorreremos, da man de Sofía Failde, a nosa galaxia, a Vía Lactea; ata chegar a un pequeno barrio ás aforas no que se atopa o noso Sistema Solar e, polo tanto, o noso planeta, A Terra.
Aquí vos presentamos a última creación do Aula i9, uns documentais sobre o Universo e o Sistema Solar, creados polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria; e que leva por título: MIRANDO AO CEO - UN PASEO POLO SISTEMA SOLAR Ditos documentais están organizados en capítulos que pouco a pouco iremos colgando neste blogue; e que pasarán a formar parte da nosa sección "UN CHISCO DE CIENCIA". E de destacar que este tipo de traballos constan de varias fases, unhas máis rudimentarias (como a recollida e estructuración da información que logo formará os guións); e outras máis tecnolóxicas como a grabación de ditos guións ou a montaxe do vídeo. Os nenos e nenas do Aula i9 participaron activamente en todas as fases de elaboración, amosando un gran manexo de software multimedia como Protools, Imovie ou Movie Maker.
Ademáis prestáronse tamén a presentar os diferentes capítulos, como se de auténticos científicos se tratara. E é que estes rapaces e rapazas non teñen límite. Neste primeiro vídeo, Gonzalo Gil achéganos ao nacemento do noso Universo, así como de toda a enerxía e materia que o forman. Sabías que ao principio todas as galaxias, estrelas, planetas, lunas, asteroides, etc, estaban concentradas nun pequeno punto do tamaño dunha caixa de zapatos? Descubre co Aula i9 este e outros moitos segredos sobre o Universo e o noso Sistema Solar.
Xa imos chegando ao final deste curso 2011/2012, e temos que apurar para poder publicar os nosos últimos proxectos. E con este post poñemos o punto final a un dos nosos traballos máis ambiciosos: os Documentais da Aula i9.
Despois de meses de duro traballo, por fin publicamos os dous vídeos que quedan, "Os Artrópodos" e "Os Mamíferos"; e un "Making of..." cos mellores momentos que tivo este proxecto.
Ademáis debemos lembrar que os documentais, xunto aos experimentos formaran parte dun DVD ao que chamamos "Un chisco de ciencia"; e que nos servirá nun futuro para poder apoiar o aprendizaxe destes contidos. E empregando uns recursos totalmente producidos polo Aula i9, dende as imaxes e vídeos, ata a música que acompaña os menús.
Esperamos que disfrutedes cos vídeos e que os documentais vos serviran para coñecer un pouco mellor aos distintos tipos de animais que convivimos neste planeta.
Este ano, os rapaces e rapazas de 3º Ciclo de Primaria traballaron moi duro. Ademáis das tarefas escolares obligatoria; tamén realizaron moitos proxectos como parte da Aula i9, e que dan vida aos "post" que forman o blog (Experimentos, Documentais, grabacións, vídeos, etc) Por suposto, estos traballos, que teñen un nivel moi aceptable, levan moito tempo; polo que foi preciso empregar moitos momentos de lecer, como os recreos. Lonxe de protestar, estes voluntarios sempre se mostraron dispostos e moi participativos á hora de traballar para a "productora".
Por iso merecían unha recompensa a tanto esforzo. E aproveitando que este ano levamos a cabo dous proxectos científicos moi interesantes, os "Experimentos" e os "Documentais"; que mellor recompensa que rematar o curso visitando dous dos máis importantes museos de Galicia: a "Casa das Ciencias" e o "Aquarium Finisterrae", ambos na cidade de A Coruña.
Pola mañá tocounos disfrutar cos experimentos e exposicións da famosa "Casa das Ciencias", un museo adicado moi interactivo, no que os nosos nenos e nenas puideron entrar en contacto directo coa Ciencia. Rematamos a visita cunha sesión no planetario que teñen no último piso do museo. Toda unha experiencia!!!!
Pola tarde foi o turno do Aquarium Finisterrae, no que puidemos poñer en práctica todos os coñecementos que aprendimos nos "Documentais da Aula i9". Así, tivemos ocasión de ver en directo moitos dos animais dos que falamos nos nosos vídeos; sobretodo peixes e outras especies mariñas (estrelas de mar, medusas, corais, etc.) Rematamos a visita (guiada, por suposto) vendo como comían as focas; e o gran tiburón toro, ao que chaman Gastón.
Aquí vos vai outras entregas dos nosos "Documentais da Aula i9". Como son varias as especies das que hai que falar, iremos misturando as reportaxes de forma que en todos os vídeos aparezan, polo menos, un documental de invertebrados e outro de vertebrados; agás os artrópodos e mamíferos que irán no seguinte post, xunto ao "Making of..."
Debemos resaltar que este proxecto é moi completo e complexo, pois incluíu o desenvolvemento e reforzo de moitas habilidades e destrezas que os nosos nenos e nenas deben traballar a diario (aínda que así é máis divertido); como a lectura, a memorización ou a redacción (dos guións, claro). Ademáis permitiulles acceder a unha serie de coñecementos sobre imaxe e son; fotografía; etc; que normalmente está fora do alcance destas idades. Nestes documentais, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria no só recolleron a información; senon que aprenderon a estructurala e convertila en guións; grabaron ditos guións, tanto como "dobladores"; como técnicos de son; prepararon os decorados; e grabaron as imaxes e presentacións que acompañan aos vídeos. De feito, algúns xa se atreveron a editar as imaxes e realizar os vídeos, por sí mesmos.
O resultado, en parte o podedes ver hoxe. E digo en parte porque todo este contido e moito máis pasará a formar parte do noso propio centro de recursos, en formato dvd, con sus menús, capítulos e extras; ao profesional. Esperemos que non sexa o derradeiro.
E nada máis. Disfrutade cos vídeos de hoxe; e vémonos na seguinte entrega dos "Documentais da Aula i9"
Por fin, xa chegou unha das reportaxes máis esperadas por "Os Ollos do Minho Producións"!!!! Un dos traballos da Aula i9 máis "currados"!!! Un proxecto que nos permite achegarnos máis ao fantástico mundo da Ciencia!!! Estamos a falar, por suposto, dos "Experimentos da Aula i9". Neste primeiro capítulo tratamos de comprender e demostrar o principio máis coñecido dun dos matemáticos máis famosos da antigua Grecia; Arquímedes, e as súas teorías sobre a flotación e a hidrostática. Ese que dicía: cando un corpo se sumerxe nun líquido, experimenta un empuxe en vertical e cara arriba equivalente o peso do líquido desaloxado.
Este principio explica, entre outras cousas, porqué flotan algúns obxectos, como un barco; e outros non. A explicación é moi sinxela e a podedes ver na pequena animación que preparamos e que forma parte do vídeo principal. Nel, ademáis disfrutaredes de varios experimentos que preparamos e grabamos, como se dun documental se tratara, para poder explicar este principio.
Pero antes de nada, debemos explicar mínimamente a parte pedagóxica do proxecto. Por suposto, os obxectivos fundamentais que perseguimos, poden simplificarse nos seguintes: -Achegar aos nosos nenos e nenas ao maravilloso mundo da Ciencia, facilitando a adquisión e comprensión de conceptos, teoremas, fórmulas e principios básicos que conforman esta disciplina; así como as ferramentas e actitudes presentes na investigación e pensamento científicos. -Empregar as novas tecnoloxías (TIC´s) na elaboración e difusión dos noso propios materiais didácticos.
E é que tedes que saber que este tipo de proxectos levan moito traballo e tempo, así como unha gran planificación das diferentes actividades que realizamos para conseguir o vídeo final: elaboración dos decorados e dos guións dos nos@s presentador@s; elaborar, grabar e doblar as animacións; realizar os experimentos; sesións de grabacións e rodaxe; etc.
Para elo, a Aula i9 conta cun gran número de colaboradores e colaboradoras, que traballan duro, moitas veces con conceptos e ferramentas novas para eles, para poder achegarvos as reportaxes que conforman este blog. Falamos de rapaces e rapazas que están aprendendo como facer guións; como e cando grabar as mellores tomas; como editar son e imaxe; etc. Sen esquencer os contidos das asignaturas que traballamos; así como valores tan fundamentáis como o respeto, a cooperación ou o traballo en equipo. Xa vedes que a nivel didáctico imos sobrados.
Ademáis desta vez quixemos mostrarvos como facemos todo. Por iso, ademáis do vídeo principal, fixemos un "making of" coas distintas fases dos proxecto e as mellores tomas falsas; e que quedarán á vosa disposición no apartado e etiqueta "Un chisco de ciencia"; e por suposto, na nosa canle de YouTube, xunto co resto dos vídeos.
Este ano estamos traballando moi en serio coas TIC´s ou novas tecnoloxías, como podedes ver nas distintas seccións e entradas do noso blogue. Pero todavía queremos ir máis aló!!! Así, aproveitando a curiosidade científica que se respira no aula de 5º de Primaria, iniciamos este proxecto de investigación e experimentación coas novas tecnoloxías, ao que chamamos "Os Documentais da Aula i9". E é que precisamente trátase diso, de facer documentais e vídeos didácticos sobre diversos ámbitos científicos e culturais que traballamos no Ceip Manuel Sieiro. Este tipo de actividades, ademáis de reforzar e ampliar os coñecementos que traballamos nas clases, pretende achegar aos nosos rapaces e rapazas ferramentas e procedementos sinxelos para a elaboración do seu propio material didáctico; así como despertar neles a curiosidade científica, orientando sobre os procedementos, medios e recursos necesarios para realizar e difundir unha investigación: consulta de fontes de datos como enciclopedias, libros temáticos, internet,...; análise, selección e estructuración da información; presentación e ilustración desa información; etc. Como vedes, as aplicacións didácticas deste tipo de iniciativas son moitas e moi variadas.
Nós comezaremos pola elaboración de videos didácticos sobre o reino animal; centrándonos nas diferentes clases de vertebrados e invertebrados. Para elo pasaremos por tres fases: 1ª fase: recollida de información e de imaxes 2ª fase: estructuración da información e elaboración de guións. 3ª fase: grabación dos guións e edición dos vídeos Se todo sae ben, ao final poderedes disfrutar de estupendos vídeos sobre as diferentes clases de vertebrados e invertebrados, con voz dos nosos nenos e nenas e coas imaxes que conseguimos previamente. Estes vídeos ao igual que este e outros reportaxes adicados á ciencia e o medio, quedarán á vosa disposición na sección "Un chisco de ciencia" que podedes atopar entre as nosas etiquetas.
Nesta ocasión, comezamos coa 1ª fase, de busqueda e recollida de información. E para elo, o mellor lugar do cole e a nosa biblioteca escolar, que ademáis de estar dotada dos máis variados exemplares sobre animais, dispón de conexión a internet, o que nos permitiu conseguir esas imaxes que andabamos a buscar. Ademáis a música que acompaña ao vídeo tamén foi elaborada pola Aula i9, empregando os, xa coñecidos por todos, "loops" do Garage Band (lembras a entrada "Loopeando" co Garage Band? Pois estos son parte dos froitos daquela experiencia)
Disfrutade con este vídeo onde explicamos de que vai o proxecto e poñemos a andar "Os Documentais da Aula i9"