Un dos traballos da Aula i9 máis "currados"!!!
Un proxecto que nos permite achegarnos máis ao fantástico mundo da Ciencia!!!
Estamos a falar, por suposto, dos
"Experimentos da Aula i9".
Neste primeiro capítulo tratamos de comprender e demostrar o principio máis coñecido dun dos matemáticos máis famosos da antigua Grecia; Arquímedes, e as súas teorías sobre a flotación e a hidrostática. Ese que dicía: cando un corpo se sumerxe nun líquido, experimenta un empuxe en vertical e cara arriba equivalente o peso do líquido desaloxado.

Pero antes de nada, debemos explicar mínimamente a parte pedagóxica do proxecto. Por suposto, os obxectivos fundamentais que perseguimos, poden simplificarse nos seguintes:
-Achegar aos nosos nenos e nenas ao maravilloso mundo da Ciencia, facilitando a adquisión e comprensión de conceptos, teoremas, fórmulas e principios básicos que conforman esta disciplina; así como as ferramentas e actitudes presentes na investigación e pensamento científicos.
-Empregar as novas tecnoloxías (TIC´s) na elaboración e difusión dos noso propios materiais didácticos.

Ademáis desta vez quixemos mostrarvos como facemos todo. Por iso, ademáis do vídeo principal, fixemos un "making of" coas distintas fases dos proxecto e as mellores tomas falsas; e que quedarán á vosa disposición no apartado e etiqueta "Un chisco de ciencia"; e por suposto, na nosa canle de YouTube, xunto co resto dos vídeos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario