
Pero o blog no o é todo. Este proxecto engloba moitas areas educativas e culturais, e ten unha gran aplicación didáctica e formativa, xa que permite aos nosos alumnos e alumnas:
a.- Reforzar e ampliar coñecementos adquiridos nas aulas, xa que, por exemplo, moitas das noticias que acompañan as reportaxes están redactadas por eles; os murais, cartaces, adornos, etc, son deseñados e feitos por eles; os guións das galas e festivais son elaborados por eles; etc. Tamén debemos destacar o gran papel didáctico que supón a grabación das cancións que forman parte dos nosos discos, xa que permite aos nosos interpretes afianzar os conceptos e técnicas musicais que traballamos na clase; adquirir un gran sentido rítmico, armónico e formal da música; e sentirse parte dun grupo no que existen responsabilidades cara os demáis.
b.- Adquirir novos coñecementos e experiencias relacionadas co mundo da tecnoloxía, xa que moitos dos nosos pequenos colaboradores/as están aprendendo a manexar programas de edición de imaxe (Imovie, Movie Maker); de grabación de son (Garage Band, Protools); de edición de texto (Word e Openoffice); e son os encargados de grabar a maioría das imaxes que aparecen nas reportaxes.


c.- Elaborar materiais que sirvan de axuda e apoio para a adquisición de diversos coñecementos:
- tanto curriculares, como os videos didácticos e tutoriais; a este respecto debemos destacar a creación dunha sección neste blog chamada "Clases Online", na que imos colgando videos-tutoriais relacionados con diversos temas (Música, Programas informáticos, Coñecemento do Medio, etc).


- como extracurriculares e aquí están incluidas as actividades complementarias coas que festexamos as diversas celebracións como Samaín, Entroido, etc, e nas que participan activamente todos os rapaces e rapazas do cole, así como as familias, co que se produce un achegamento da comunidade escolar á vida do noso centro. Algunhas destas actividades xa son unha tradición, como a Expocabaza ou as Letras do Magosto.


Sen esquecer o compoñente altamente motivante que supón traballar con tecnoloxía, que aínda que non é punteira, permítenos conseguir unhas calidades bastante aceptables. Así, é fácil ver como os recreos énchense de rapaces e rapazas estudiando flauta cando comezamos coas grabacións; ou consultando libros e enciclopedias, como auténticos eruditos, cando facemos a recollida de información para elaborar os videos didácticos, etc.
E, polo de agora, nada máis. Esperamos que disfrutedes coas fotos, videos, actividades, cancións, tutoriais, etc; e non olvidedess deixar o voso comentario.