Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

FESTIVAL DE NADAL 2015

Disfrutade cos vídeos do Festival de Nadal 2015 do cole de Crecente. 
Teatro, música, bailes,..., e moito máis.







Papá Noel no cole de Crecente

Ahí vos quedan as fotos da visita que nos fixo Papá Noel no festival de Nadal.

Menuda sorpresa!!!


          

Festival de Nadal 2014

Aquí vos queda un resumo do Festival de Nadal.

En canto nos sexa posible, subiremos o vídeo da obra de teatro do Nadal.

Que o disfrutedes!!!


AS ONDAS DO MIÑO III - O NADAL

Aquí vos deixamos o programa de As Ondas do Miño adicado ao mes de decembro.
Dirixido maxistralmente polos rapaces e rapazas de 1º Ciclo de Primaria; este capítulo céntrase nas actividades e proxectos postos en práctica no cole de Crecente polo Nadal.
Non vos podedes perder a reportaxe da Aula i9 sobre a Semana Cultural; a entrevista ao grupo Mel de Meiga; ou a sección dos peques, na que nos falarán da biblioteca.

Esperamos que vos guste e sentimos o retraso!!!!


















Gala de Nadal






Este ano, ademáis da Bibliofesta, tamén tivemos un pequeno festival ou gala, na que, ademáis de disfrutar de actuacións en directo, fixemos un breve repaso polos mellores momentos que vivimos neste primeiro trimestre; e polos mellores videos creados pola Aula i9. 





 Tódolos ciclos estiveron moi implicados nas distintas actividades: danzas, panxoliñas, etc. Aínda así temos que destacar o papel dos nenos e nenas do terceiro ciclo, que forman parte do equipo técnico da Aula i9, e que se encargaron de que todo estivera a punto para a Gala, dende "facer a imaxe e o son", ecualizando os micros e grabando as imaxes máis atrevidas; ata elaborar as presentacións, a través dos nosos e nosas guionistas. 







Ademáis, tamén queremos felicitar aos nenos e nenas do Obradoiro de Teatro, actividade ofrecida pola ANPA no seu programa de actividades extraescolares; e sobretodo á súa coordinadora, Patri;  que nos ofreceron unha serie de monólogos sobre o Nadal moi divertidos; así como unha orixinal performance coa que nos sorprenderon os máis cativos/as. Esperamos poder seguir colaborando en próximas ocasións e que este obradoiro chegue a ter un gran éxito entre os nosos alumnos e alumnas; calidade, está visto, que lles sobra.



FELICIDADES A TODOS!!!


Disfrutade co trailer  e co video-reportaxe da Gala!!!




BIBLIOFESTA 2011


Xa o di o dito: "polo Nadal, un gran festival!!" E neste caso foron dous grandes festivais, ou "galas", que queda máis fino. 

Non sabemos o porqué, pero este ano os nosos nenos e nenas tiveron moitísimas gañas de mostrar "o mundo" o que traballamos no Ceip de Manuel Sieiro neste primeiro trimestre. E como todo non cabía nunha sola gala, pois orgánizamos dúas: 

A Bibliofesta e a Gala de Nadal


Esta reportaxe vai dirixida á primeira, a Bibliofesta. E é que este ano propuxémonos darlle máis utilidade a este espazo fundamental e imprescindible en toda vida escolar. Así, ademáis da súa función habitual decentro de lectura, a biblioteca funciona como un verdadeiro obradoiro de manualidades e decoración, do que sairon a maior parte dos murais que decoran as nosas festas; como o centro de operacións da maioría das actividades e proxectos colectivos  (intercambios culturais con outros coles, elaboración de traballos sobre temas transversais, etc); e como un centro multimedia onde aprender e practicar coas novas tecnoloxías. 

Xa vedes que é un "recuncho" no que pasamos moi bos momentos. Por iso, que menos que Adicarlle unha festa onde poder amosar aos nosos familiares os proxectos que levamos a cabo. Esa é a idea da Bibliofesta, que este ano estivo adicada ao Nadal, e a un personaxe típico destas festas en Galicia, o Apalpador. 
Ademáis este certame serviu para unir máis os lazos entre as familias e o cole, xa que varias actuacións estiveron coordinadas por nais de alumnas do centro. E é que xa o din por ahí: "o traballo, mellor en equipo".  

MOITÍSIMAS GRAZAS A PATRICIA E NURIA, POLA VOSA AXUDA!!!  















Que disfrutedes cos vídeos!!!





FELICES FESTAS!!!


O equipo da  Aula i9
e de "Os Ollos do Minho Producións" 
deséxanvos    unhas    


Festas moi felices



E que o 2012 veña cargado de esperanza,

                                         
saúde,                     
          paz  e...        


MOITO AMOR!!!







Vémonos o ano que ven con máis reportaxes, titoriais, noticias, ...




Ata entón... a pasalo ben!!! 

POLO NADAL, UN GRAN FESTIVAL!!!

Como tódolos anos, e xa van uns cantos, os nenos e nenas do cole, celebramos o Nadal cun festival cheo de actuacións moi fermosas. Cancións, obras de teatro, playbacks montados integramente polos rapaces e rapazas (máis polas rapazas, todo hai que dicilo),..., todo vale para darlle a benvida ó Nadal. 
Este ano foron os alumnos de 6º de Primaria os que levaron á batuta no que se refire as presentacións, axuda de escenario e co equipo de son (unha das novidades deste ano). 
Entre as actuacións cabe destacar a obra de teatro montada polos alumnos e alumnas de 3º de Primaria, e que leva por título "Cando comezará a escola".  Sen esquecer os máis pequeniños, os de Infantil, que cantaron unha panxoliña titulada "Buscando Papá Noel..."; e mesmo se atreveron a bailar unha danza con unhas cantas palmiñas e muiños cara un lado e cara outro!!!
Por suposto, houbo panxoliñas para tódolos gustos (ata en francés!!!); poesías, playbacke; e unha humilde pero sentida homenaxe ao ídolo do rock John Lenon, polo aniversario da sua triste morte, por parte dos nenos e nenas de 5º e 6º, que fixeron unha fermosa versión de "Hey Jude".
E para rematar duas actuacións de luxo: por unha parte Uxía, Nerea e máis o profe de música puxeron o toque folk cunha peza para acordeón, tamboril e guitarra (estas rapazas van chegar moi alto); e por otra parte dou antigos alumnos do centro (Ivo e María) fixeronnos o favor de tocar un tema coa súa banda de rock. Está claro que no Manuel Sieiro de Crecente.... hai canteira!!!!!