Música Mestre I

 Aquí vos vai unha nova entrega das "Clases Online" da Aula i9. Con este vídeo comeza unha serie de titoriais aos que chamamos "Música Mestre", e nos que repasaremos os conceptos máis básicos e fundamentáis deste pracer sonoro ao que chamamos Música.


A serie contará con varios vídeos, divididos por contidos (conceptos básicos, ritmo, melodía, armonía, etc), e nos que a dificultade irá aumentando progresivamente, a medida que vaiamos avanzando.

Con estos titoriais non só se pretende repasar e reforzar os contidos que aprendemos nas clases de música. Tamén queremos proporcionar coñecementos e habilidades útiles para que os nosos rapaces e rapazas poidan ser o máis autónomos posibles á hora de aprender as diferentes cancións e arranxos, e así poder abarcar con menos horas de clase, máis proxectos artísticos (grabación de disco, festivales, titoriais, etc)
Sen esquencer o elemento motivante deste tipo de actividades xa que, como puidestes ver nos primeiros "Titoriais sobre a Muiñeira de Nadal" (dispoñibles na nosa sección "Clases Online"), os nosos pequenos colaboradores e colaboradoras, dos diferentes ciclos, participan activamente na elaboración deste tipo de vídeos como intérpretes, camaras, editores, redactores, etc.

Ademáis temos pensado facer titoriais sobre outros aspectos educativos, ademáis dos músicais. Así está pendiente de elaboración unha serie sobre os instrumentos  que podemos disfrutar no noso centro, e na que poderemos ver a duas das nosas artístas, Uxia e Nerea, dar unha pequena Master Class. Tamén estamos pensando na posibilidade de facer uns documentais ou vídeos didácticos sobre aspectos máis científicos, relacionados coa área de Coñecemento do Medio. 
Así como uns  titoriais sobre algúns dos programas e software que estamos a empregar e que nos axudan a realizar todo o material e actividades que vos presentamos (Protools, IMovie, Word,...) Esta serie leva o nome de "Coa computadora, sí que mola"; e o seu primero capítulo, "Loopeando co Garage Band", xa está dispoñible na sección "Clases Online" dende a semana pasada.


Como vedes, o obxectivo desta sección é convertirse nunha ferramenta útil a través da que poidamos, repasar, formarnos e aprender cousas novas.


Nesta ocasión presentamos o 1º vídeo-titorial da serie "Música Mestre", no que daremos un breve repaso aos conceptos máis básicos da linguaxe musical.


Disfrutade co vídeo e ..., a aprender!!!



DEPORTE ESCOLAR III - DESTA VOLTA XOGAMOS NA CASA

 E é que o pasado martes 14 de Febreiro, tivo lugar a terceira xuntanza polo Deporte Escolar, que desta vez, organizamos nós no noso centro, da man do noso querido profe de Ed. Física, Manuel.




Nesta ocasión, os compañeir@s e amig@s de Valeixe achegáronse ao Ceip Manuel Sieiro para disfrutar dunha mañá do máis deportiva. Por motivos organizativos, establecéronse dous turnos de xogo. Así comezaron @s nen@s do 2º ciclo, que durante case duas horas suaron a "camisola", nuns "partidiños" nos que se puideron ver mostras de calidade; e nos que o máis importante foi pasalo ben.





Despois foi o turno dos maiores do 3º ciclo. Para facelo aínda máis interesante e menos competitivo, en moitas ocasións misturáronse os rapaces de ambos coles, fortalecendo a colaboración e traballo en equipo. Ademáis estes nenos e nenas amosaron que na Paradanta temos unha boa canteira. 



Disfrutade cos vídeos e coa crónica da nosa colaboradora e redactora da Aula i9, Sofía Faílde, que nos achega as súas impresións sobre a xuntanza.




 "O outro día, os nenos e nenas de Valeixe achegáronse ao noso cole para participar xuntos na terceira edición do Deporte Escolar 2011/12". Todos tivemos a oportunidade, por quendas, de xogar ao fútbol sala, baloncesto e balonmán; e, por suposto, de correr, saltar, etc. Foi moi divertido, aínda que tivemos que esforzarnos moito para dar o nivel. E entrenar, pois deportes como o balonmán ou o baloncesto, son pouco practicados por estas terras, polo que, como quen din, estamos comezando case dende cero. Pero non nos vai tan mal; pouco a pouco imos aprendemos cousas importantes dos deportes de equipo como a colocación no campo, axudar e apoiar aos compañeiros, etc. 

Ao final todos rematamos moi ledos e desexando volver e aínda divertirnos moito máis, se iso é posible."


  Sofía Faílde
5º de Primaria  





"Loopeando" co Garage Band


  Quen dixo que na clase de música  só se traballaba coa flauta? Nesta reportaxe, redactada por Adrián Gómez de 5º de Primaria, colaborador da Aula i9 e xornalista aficcionado; veremos como é posible facer música empregando só un ordenador e os chamados "loops". E é que en Crecente tentamos estar á última, tecnolóxicamente falando. Non sempre é posible debido ás nosas limitacións económicas; pero, como podedes comprobar neste blogue, cun pouco de vontade, traballo e confianza, pódense facer cousas marabillosas. 



 Neste caso aprendemos a empregar básicamente o programa Garage Band, software de grabación, que forma parte do paquete Ilife, que ven por defecto con tódolos Mac. Este programa ten unha función moi interesante para traballar con "loops", que son ostinatos musicais, previamente grabados, e que se van combinando para formar unha canción. Este é un método moi empregado na música electrónica, e permitiu ao nos@s nen@s experimentar con formas diferentes de facer música. 
Ademáis aprenderon unha serie de conceptos moi empregados na actualidade como "mutear", ou silenciar unha pista; "solear" ou deixar soando unha soa pista; "sincronizar" os distintos "loops", para o que se precisa levar ben o ritmo, afianzando o "pulso interior". E por suposto, sen esquencer o compoñente estético e creativo, xa que cada nen@ combinou as distintas pistas como lle "pedía o corpo", creando o seu propio tema.
Como podedes ver, o proxecto resulta moi interesante e divertido; e forma parte das iniciativas que está a levar a cabo a Aula i9, co obxectivo de motivar a estas novas xeracións cara o estudio das diversas vertentes da Música, como profesión ou como unha das mellores e máis  gratificantes aficcións.


 Ademáis presentamos un vídeo explicación que inaugura unha nova serie de titoriais das "Clases Online" da Aula i9, á que chamamos "Coa computadora, sí que mola"; adicada a coñecer as funcións básicas de determinados programas e software informático de edición de voz, texto, vídeo, etc, que estamos a empregar na nosa vida diaria, sobretodo na elaboración dos diversos contidos que ilustran este blogue. É dicir, que vos imos a contar os trucos que empregamos para facer, por exemplo, os vídeos que acompañan os "post" ou reportaxes; as grabacións que aparecen nos nosos discos; etc. Neste primeiro capítulo, e como xa indicamos antes, aprendemos a manexar o Garage Band para insertar loops, duplicalos e sincronizalos, "soltalos" e "mutealos", etc. Lembrar só que, á hora de facer estes titoriais empregamos o programa "Camtasia studio" que permite grabar todo o que facemos e aparece  na nosa pantalla, e o son que recibe o micro da computadora. É un software moi útil para explicar conceptos teóricos, facer correcións, etc; e o imos a empregar en máis dun titorial. 

Disfrutade coa crónica de Adrián, ó que temos que felicitar polo seu traballo e compromiso con este proxecto; e cos vídeos onde poderedes ver en acción aos nos@s pequen@s Dj´s de 5º e 2º de Primaria.

      
 "Ese día o profe Carlos levounos a aula multiusos á pizarra dixital;   enchufou o ordenador, e fumos por turnos, coñecendo o progama Garage Band, e sobretodo, como manexar “ loops” que son fragmentos musicais de diversos instrumentos, previamente gravados, e que nós íamos activando ou desactivando.
Os loops cos que “xogamos” tiñan distinto timbre: baixo, guitarra, batería….e o profe ensinounos a “mutear” unha pista (quitarlle o volume); a facer que soe ela soa; combinar diversas pistas ou sons , etc.
Todos o fixemos moi ben e tivemos a oportunidade de gravar as nosas sesións como se fósemos uns  auténticos Dj’s. Gustounos moito a experiencia; e pasámolo moi ben."

                                                      Adrián Gómez
5º  Primaria









Coñeces ás "Anduriñas do val"?

Hoxe, en os "Ollos Amigos" visitamos un blogue moi especial, "As Anduriñas do val", que leva a nosa querida Patricia Doval, mestra de infantil do Ceip Manuel Sieiro e coordinadora, xunto ao profe de música, de "Os ollos do Minho Producións".


Este blogue está adicado aos máis pequenos do cole e ás múltiples actividades e tarefas que realizan día a día. Nel podémolos ver facendo manualidades, aprendendo unha canción ou contando os contos máis divertidos, entre outras moitas cousas. Ademáis permite aos pais e nais manterse informados das novidades que suceden no aula, así como de que é o encargado do día, etc.



Ademáis, debemos destacar que as "Anduriñas do Val" están participando nun proxecto chamado "Proyectate con Nosotros", traballo de cooperación con outras aulas de Ed. Infantil, que pretende fomentar a lectura e o respecto polo noso planeta, empregando os morcegos como protagonistas. 



 Esta non é a primeira vez que a profe Patri participa nunha iniciativa deste tipo. De feito, no curso 2010/2011 recibiu o premio EDUCARED por un proxecto de colaboración con outros mestres e mestras de Andalucía.




Esperamos que con "As Anduriñas do Val" consiga  tódolos obxectivos e premios que se propoña.


Súbete ao noso "Tren da Paz"


     O pasado 31 de Xaneiro festexamos o Día da Paz. Xa, xa, sabemos que o día real é o 30, pero pro diferentes motivos, todos moi bos, o deixamos para o día seguite. Pero só a celebración, pois a Paz é un tema moi recurrente no noso centro; ao que se lle dedican cancións, poemas, murais, etc; que, por susposto, leva o seu tempo preparar e confeccionar. Así, durante toda a semana anterior os nosos nenos e nenas, agrupad@s por ciclos, prepararon os distintos vagóns dun tren moi especial: "O Tren da Paz".
E tod@s traballamos moi coordinados para darlle variedade e cor. Así mentres que os vagóns dos nen@s de infantil lucían uns símbolos de paz moi vistosos; os de 1º ciclo adicáronse aos debuxos; os de 2º ciclo, aos lemas; e os maiores do 3º ciclo, ós personaxes famosos que fixeron e/ou seguen facendo moito pola Paz. O resultado, un tren cheo de esperanza e boas intencións, de respeto e tolerancia, de convivencia e traballo en equipo; en definitiva, un tren para e pola Paz.

Ademáis acompañamos o noso desfile "ferroviario" cunha canción preparada polos rapaces e rapazas da Aula i9; trátase dunha versión do famoso tema "Whatever", dos ingleses "Oasis"; que por suposto incluiremos no noso segundo disco. E en inglés, polo que temos que dalas gracias á profe Leli polo seu esforzo ensinándonos como pronunciala o mellor posible, jejeje.







Este tren quedará exposto no comedor escolar, para que ninguén esquenza nunca que "non hai camiño para a paz senon que a paz é o camiño" (M. Gandhi)









Guía da canción do entroido

Polo entroido, ademáis de disfraces e sobremesas, hai algo que nunca falta no Ceip Manuel Sieiro: a música. Xa son varios anos que levamos entoando os "great hits" do entroido ao máis puro estilo "charangueiro". E, este curso, queremos dar un paso máis e preparar un tema mellor, non só para cantar e pasalo ben o día da festa; senon tamén para incluilo no noso 2º disco, que como sabedes, xa comezamos a grabar.
O tema elexido para a ocasión é o mundialmente coñecido "La vida es carnaval" da nosa querida "raíña da salsa" Celia Cruzmuller que amosou ó mundo que a música non ten idade.



E como non podía ser doutro modo, ahí vos deixamos a guía da canción, para que poidades repasar na casa e afianzar ben as partes e o ritmo.


Esta guía está elaborada integramente pola Aula i9 e nun tempo record (dous días), polo que pedimos perdón de antemán polos posibles erros de grabación que escoitedes; e polo son das supostas "trompetas", xa que son os únicos samples dos que dispoñemos. 


Ademáis, para saber onde meter as flautas, vale ben, jeje.


Disfrutade da guía, que poderedes escoitar pinchando no enlace do Dropbox; e... a estudiar !!!



La vida es Carnaval - guía mp3










DEPORTE ESCOLAR EN ARBO




O pasado xoves 26 de xaneiro, os nosos rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclos acudiron á 2ª xuntanza do Deporte Escolar


Nesta ocasión desplazámonos ao Ceip Antonio Carpinteiro de Arbo, onde tivemos a ocasión de practicar tres dos deportes máis coñecidos do mundo: fútbol, baloncesto e balonmán. 



Durante toda a mañá, nenos e nenas dos dous centros disfrutaron dos partidillos organizados polos mestres de Ed. Física, que son os que realmente están implicados na organización destes eventos (calendario, xogos, etc) que tantos bos momentos nos está a deixar. 
Neste aspecto debemos dar as grazas ao noso profe Manuel, por retomar este tipo de actividades; e por ensinarnos que os verdadeiros valores do deporte: diversión, sacrificio, traballo en equipo, cooperación, responsabilidade, etc.




Que viva o deporte, e xa sabedes que "mens sana in corpore sano" !!!


Disfrutade deste pequeno video-reportaxe!!!



Un paseo pola escola de música "Estudio"

Con esta reportaxe inauguramos unha nova etiqueta á que chamaremos "Ollos Amigos", adicada a todas aquelas páxinas e sitios web, pertencentes a agrupacións, escolas, compañeiros de profesión, etc; que seguimos dende este blog e que consideramos que sería bo que coñecérades, ou polo menos, que  visitárades. Estas reportaxes, polo tanto, non só están dirixidas aos nenos e nenas, senon tamén ás súas familias, xa que pretende servir como guía ou orientación sobre lugares, web ou reais que poden aportar algo, moito ou poco, á formación dos seus fillos e fillas.  Estos enlaces xa os temos na nosa sección "Tamén podedes visitar..." (columna da dereita) que pasará a levar o mesmo nome que a etiqueta: "Ollos Amigos"

    Comezamos facendo un breve percorrido pola que, creemos que, é a mellor escola de música de Galicia. Trátase da famosa "Estudio", tamén coñecida popularmente como a "escola de jazz" de Santiago de Compostela; aínda que non só está especializada neste estilo músical. Nela, rapaces e rapazas de todas as idades e dende ben pequeniños, reciben unha formación moi completa e actualizada en moitos dos diversos campos da Música (composición, instrumento, canto, improvisación, informática musical avanzada, etc) E por suposto seguindo un plan de estudos moi ben estructurado, como podedes ver no seguinte organigrama.

















 E por suposto, que decir da calidade dos profesores e profesoras que imparten neste centro, a maioría cunha experiencia no mundo da música de primero nivel (Alberto Cereijo; Ivan Salgado; Suso Atanes; Harry C. etc) Sen esquencer as "Master Class" que organizan e nas que contan con profesionais musicais de 1ª división. Así próximamente impartirá un pequeno curso  Victor Prieto, ourensán afincado en Nova York, considerado como un dos mellores acordeonistas jazz destes tempos. 



Ademáis, e por si fora pouco, contan cun "Departamento de Aprendizaje Online" (DAO), que permite aos alumnos e alumnas resolver dúbidas, correxir exercicios, recibir leccións, etc, vía Internet, con todas as ventaxas que elo supón.

 



Os resultados de tan bo traballo lévanse vendo dende fai 25 anos, xa que grandes músicos e artistas do panorama galego e internacional actual comezaron os seus estudos e adquiriron gran parte da súa formación na escola de música "Estudio". Sen esquencer a todos aqueles "cracks" en potencia que, esperamos sigan a sair deste centro ano tras ano.




Quen dixo que para ser músico só se podía estudar no conservatorio? 


A escola "Estudio", na nosa opinión persoal, ofrece unha formación moi completa, amena, moderna e sobretodo,  adaptada ás necesidades reais dos músicos actuais.


http://www.escola-estudio.com/




E próximamente, en "Ollos Amigos", non vos perdades a reportaxe que lle faremos ao blog "As Andurinhas do val", da nosa querida mestra de infantil, Patricia Doval; no que regularmente podemos ver as actividades e traballos dos nos@s peques. 
Non vola podedes perder!!!

http://asandurinhasdoval.blogspot.com/






Comezamos as grabacións do noso segundo disco


 Esta semana os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Primaria do Ceip Manuel Sieiro comezaron coas grabacións do que será o segundo disco da Aula i9.



   Sí, o segundo, pois o curso pasado xa levaramos a cabo esta actividade, aínda que con menos material. O resultado foi un cd de catro temas, ao que chamamos "Botalle unha ollada", que permitiu ós nosos nenos e nenas vivir a experiencia real do que supón grabar un disco: estudiar os temas, aprender a tocar e cantar con claqueta, coñecer nocións básicas de acústica, así como os elementos e programas que se empregan nun estudio; etc. Nesa ocasión os nosos recursos eran un pouco limitados xa que o micro polo que recollimos o son era un Shure sm 58, que é un micro para cantar, non para grabar; e o secuenciador que empregamos e que os rapaces e rapazas aprenderon a usar foi o Garage Band, programa que, a pesar da súa calidade,comparable á do "Reason" ou á do "Nuendo", non deixa de ser bastante "amateur". Por suposto o disco tivo unha moi boa acollida na comunidade escolar (pais, nais e demáis familiares). Ademáis nesa ocasión contamos coa colaboración dunha artista recoñecida como é Eva Carreras, concursante de OT3 e actual cantante do grupo folk Mel de Meiga. Todo un luxo!!



Este ano modernizámonos e sustituímos o Shure por un SE Electronics, micro omnidireccional propio de estudio, que nos permitirá grabar cunha maior calidade.
Ademáis estamos traballando cun dos programas máis empregados no mundo das grabacións profesionais, o mundialmente coñecido PROTOOLS; así como unha tarxeta de son, a MBox 2 mini, que permite unha conversión do son analóxico a dixital (de ondas sonoras a datos informáticos) moi aceptable.

Por suposto, esto non sería tan sinxelo sen a tecnoloxía de Apple; xa que para estos traballos de audio e video (os que acompañan as reportaxes) empregamos un MacBook Pro. Ahí está realmente o truco. Sentimos se este comentario ofende a alguén. Non queremos facer publicidade, nin somos fanáticos seguidores de Steve Jobs;  apoiamos o uso do software ceibe;..., pero esta é a nosa conclusión basada en experiencias con diversos sistemas operativos (Windows, Linnux). Onde estea o Snow Leopard de Apple....

Ademáis e como podedes comprobar nas guías de Whatever, que foron grabadas pola Aula i9, comezamos tamén a dominar o uso do MIDI e de Samples o que nos permite poder imitar e meter instrumentos moi diversos nas nosas grabacións (baterías, cordas, ventos,...), gracias a un controlador con forma de teclado e a unha serie de librerías de samples e loops. Parece última tecnoloxía, pero en realidade é un sistema que xa se leva empregando dende os 80.

Como vedes, este ano contamos cos recursos para que este segundo disco sexa, polo menos, tan bo como o primeiro. A nosa intención é grabar algún tema máis que os catro do primeiro cd. Haber que pasa!!!
Por suposto, o máis importante é a experiencia e formación que reciben os nosos alumnos e alumnas, os cales teñen a oportunidade de aprender uns coñecementos sobre técnica do son e informática musical que non teñen prezo. Quizáis, nun futuro teñamos algún ou algunha enxeñeiro/a acústico ou técnico/a de son.
A nivel didáctico-musical, este tipo de iniciativas son altamente motivantes e permiten aos rapaces e rapazas afianzar o sentido rítmico-melódico, adquirir coñecementos de armonía, forma e estructura musical, etc; e por enriba de todo, sentirse parte dun grupo no que cada membro ten a responsabilidade de facer o seu papel o mellor posible.





Deixámosvos os enlaces ao noso Dropbox de todos os temas que levamos grabados, tanto os que forman "Botalle unha ollada"; como as guías de este ano, para que poidades repasar. Estas pistas e links quedan á vosa disposición ademáis, na nosa nova páxina "As nosas cancións", que atoparedes na columna da esquerda, arriba de todo.















"Botalle unha ollada"







"Guías de grabación deste ano"



3.- Whatever (con flautas e melodías de voz)

4.- Whatever (sen flautas nin melodía de voz)



Ademáis, ahí vos queda este video con algúns dos mellores momentos da primeira sesión de grabación, con explicación incluída!!!

A disfrutar!!!!