Mostrando entradas con la etiqueta Radiosieiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radiosieiro. Mostrar todas las entradas

CONTOS E MÁIS CONTOS - Catarina, o oso e Pedro

 Conto narrado pola alumna de 5º de Primaria Arantxa A.L e producido polas alumnas de 3º, 4º e 5º Leire B.A, Nora R.C e Ainara P.R.


RADIOSIEIRO 23 - AS MESTRAS FALAN DO 8 M

 


Fai click na imaxe e escoita o podcast que grabaron as mestras do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro sobre o 8M e unha serie de galegas ilustres en activo.
Desfrutade e lembra que o feminismo é igualdade!!

Radiosieiro´23 - Os Polos - 1º/2º Primaria

 Neste enlace deixámosvos o programa de radio realizado polos rapaces de 1º e 2º de Primaria baixo a dirección da súa titora. 

Esperamos que o disfrutedes!!!


https://go.ivoox.com/rf/106552220

RADIOSIEIRO - Hª DO XOGUETE

 Primeiro programa do curso 22-23 da RadioSieiro, a radio do cole de Crecente. Nesta ocasión o alumnado de 6º de Primaria realizou unha interesante reportaxe sobre o xoguete ao longo da historia.

RADIOSIEIRO´22 - ESPECIAL 8M (VÍDEO)

Podcast da RadioSieiro para conmemorar o 8M. Creado e producido polas alumnas e alumnos de 5º de Primaria; e adicado a todas as mulleres que traballan no Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro e fan posible o noso día a día.

 

RADIOSIEIRO´22 - ESPECIAL 8M (Podcast)

 Podcast da RadioSieiro adicado ao Día da Muller. Creado e realizado polas nenas e nenos de 5º de Primaria.

https://go.ivoox.com/rf/83338506


*Lembrade que podedes disfrutar deste e doutros podcast da RadioSieiro a través dos reproductores presentes na web do cole e neste blog. Ademáis tedes todos os episodios na plataforma Ivoox, no seguinte enlace.

RADIOSIEIRO - ESPECIAL DÍA DA PAZ´22

Nós tamén queremos contribuir ao Día da Radio (13 de febreiro) co noso propio programa especial. 
Que o disfrutedes!!!

RADIOSIEIRO´18 - Nº4.2 - ENTREVISTA AO ALCALDE DE CRECENTE


2ª parte do 4º capítulo da nova RadioSieiro´18, a emisora que montamos no cole de Crecente como membros do proxecto de Bibliotecas Escolares "A Radio na Biblio".

Nesta segunda parte poderedes escoitar a entrevista que lle fixemos ao alcalde de Crecente, D. Julio César García Luengo




A música empregada neste programa é a seguinte:

Muiñeiras III - Mutenrohi (JC Fasero)




RADIOSIEIRO´18 - N.4 / 1ª PARTE

1ª parte do 4º capítulo da nova RadioSieiro, programa que realizamos no cole de Crecente como parte do proxecto "Radio na Biblio", do departamento de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.
Nesta ocasión poderedes escoitar a entrevista que os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primario fixeron ao Director Xeral de Centros, D. Xose Manuel Pinal, que visitou o centro xunto co noso alcalde, D. Julio César García Luengo.
Dúas colaboracións de primeiro nivel para a nosa RadioSieiro!!



MÚSICA EMPREGADA

VIAXE - MUTENROHI (J.C. FASERO)
ADORO GALIZA - MERCEDES PEÓN


RADIOSIEIRO 3 - CONSELLOS PARA A VIDA MODERNA





MÚSICA EMPREGADA:

Pastures of Plenty - SOLAS
Good Enough - CYNDI LAUPER  
Tchavolo Swing - DORADO&TCHAVOLO  
Te Voy a Esperar - JUAN MAGÁN (FT. BELINDA)
A saia da Carollina - LUME
Champions League - TONY BRITTEN
Matt Molloys - MATTO CONGRIO
Take on me - A HA


CRECENTE, UNHA "ESCOLA NAS ONDAS"

No Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro estamos de celebración pois xa somos unha máis das "Escolas nas Ondas"; unha rede de centros escolares comprometidos coa educación audiovisual, nos que empregamos as TICs (Tecnoloxías da Información e Comunicación) como medios  para o desenvolvemento das capacidades básicas do alumnado. 

Podedes visitar a páxina oficial de "Escolas nas Ondas" no seguinte enlace:






RADIOSIEIRO´18 - 2º PROG







MÚSICA EMPREGADA:
-Simple Minds - Dont you Forget About Me (The Breakfast Club)
-Pink Floyd - Money (Official Music Video)
-The_Kyoto_Connection_-_09_-_Hachiko_The_Faithtful_Dog_1
-Sintonía La Rosa de los Vientos - Villagers begin building
- Mel de Meiga - Cambia o Mundo
-The Blues Brothers - Everybody needs somebody



RADIOSIEIRO´18 - ESPECIAL DÍA DA MULLER

Primeiro programa da nova RadioSieiro adicado a tódalas mulleres nun día tan importante como o de hoxe, 8 de mazo, Día Internacional da Muller. Agardamos que xa, dunha vez por todas, a desigualdade entre home e mulleres non sexa máis que un mal soño.



A música que aparece no programa é a seguinte:
-O Pirimpimpín - Malvela
-Spining over you - Reyko
-Je Veux - Zaz
-Cherry Lee - Dover
-Tempestades de sal - Ses (María Xosé Silvar)
-Animal Instinct - The Cranberries (Dolores O'Riordan; Noel Hogan)
-Torn - Natalie Imbruglia




PRESENTAMOS A NOVA RADIOSIEIRO



Neste curso 2017-2018 o Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente foi seleccionado entre os 20 primeiros centros de Galicia (CEIP, CPI e IES) en por en práctica esta iniciativa da Xunta, a "Radio na Biblio". É toda unha honra e un premio ben merecido ao traballo que levamos feito no cole, en materia de comunicación audiovisual, nestes últimos anos. 


RADIOSIEIRO 2017

  Despois de moito traballo, pois facer radio dá moito chollo, por fin podemos presentarvos o último RadioSieiro, un programa de podcast realizado polos alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro, dirixidos polo dinamizador da Lingua Galega.

  Na RadioSieiro participan todos os cursos escolares, cada un coa súa misión. Así, mentres os maiores foron os encargados de presentar e dirixir, os máis pequenos de infantil adicáronse ás cuñas e sintonías do programa; así como os de 1º, 2º, 3º e 4º, presentaron diversas seccións adicada á cultura e arte.

  Cabe destacar a sección medioambiental que prepararon os rapaces e rapazas de 5ºde primaria; na que nos ofrecen unha serie de consellos e recomendacións para o coidado do noso medio moi interesante e formativa.

Ademais, seguindo co espíritu de autoproducción, tamén incluimos no programa a canción que grabou o grupo do cole, a Aula i9 Band, ao longo do curso. Trátase dunha versión do famoso tema de Suso Vaamonde, Galicia.

Para rematar, lembrade que RadioSieiro é un dos tres proxectos anuais que forman parte dunha iniciativa maior, As Ondas do Miño Comunicacións; un proxecto de comunicación audiovisual e desenvolvemento das capacidades lingüísticas en galego; co que xa levamos uns cantos anos; e que está formado polo programa de radio; "O Rebusco", o noso xornal escolar; e "As Ondas do Miño Tv", o programa de tele.

Deixámosvos os enlaces para que podades disfrutar de todos estes contidos:





DISFRUTADE COA RADIOSIEIRO!!!






























RadioSieiro - 1º Programa

Presentamos a última creación de Os Ollos do Minho Producións, un programa de radio grabado e realizado polos rapaces e rapazas do cole de Crecente.



Neste primeiro capítulo, presentado maxistralmente polos nenos e nenas de 6º de Primaria, facemos un pequenos repaso a diferentes temas relacionados co medioambiente, a cultura, literatura e arte.





 Na primeira parte, os alumnos de 6º falaránnos da importancia que ten a auga no noso planeta; e como podemos conservala. Seguiremos co "Clube de Lectura da Aula i9" no que os rapaces e rapazas de 5º recomendarán unha serie  de libros e cómics entretidos para ocupar o noso tempo de lecer. 

Esta primeira parte rematará con música do noso repertorio.


Na segunda parte, os rapaces de 4º presentarán a sección "Unha poesía para cada día" na que os oiremos recitar fragmentos de dous dos grandes xenios da poesía: Rosalía de Castro e Federico García Lorca. Seguidamente os nenos e nenas de 3º ofrecerannos un misterio cultural, "A persoaxe segreda", no que tremos que adiviñar, gracias a unha serie de pistas, de que artista están a falar. Remataremos este primeiro programa con máis música, tamén do repertorio da Aula i9.

Aquí vos quedan os enlaces para poder escoitar cada parte. Prometemos voltar a subilos acompañados dun pase de diapositivas coas mellores imaxes que nos deixou a grabación.

Esperamos que vos gusten!!!!






Comezamos coa RadioSieiro!!!

Unha das novidades que nos ofrece Os Ollos do Minho Producións este curso é a creación dunha  radio online, RadioSieiro; un proxecto que pretende mellorar as habilidades lingüisticas dos nosos rapaces e rapazas; e achegalos a un dos medios de comunicación máis importantes e respetados da historia.

Esta semana comezamos a grabación do primeiro programa na biblioteca escolar, que foi dirixido polos alumnos e alumnas de 6º de primaria.

 Aquí vos deixamos alguns dos mellores momentos que nos está a deixar esta experiencia.