Mellores imaxes e vídeos das actuacións dos nosos rapaces e rapazas no Festival Fin de Curso 2018 do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro.
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2017-2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2017-2018. Mostrar todas las entradas
EXCURSIÓN FIN DE ETAPA A CANTABRIA
Ahí vos deixamos as mellores fotos que nos deixou a Excursión Fin de Etapa 2018 a Cantabria; na que tivemos a ocasión de visitar San Vicente de la Barquera, Comillas, Cabarceno , Santander, Santillana do Mar, Altamira, etc.
Ademáis, aproveitando a ocasión, e xa que pasabamos por alí, fixemos turismo na vila asturiana de Cudillero, unha das máis fermosas do noso pais.
PATIOS CONECTADOS - CAMPEONATO DE FÚTBOL MIXTO
Como parte do proxecto de convivencia nos recreos e tempos de lecer (Patios Conectados) no Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente organizamos un campeonato de fútbol sala mixto entre "seleccións de todo o mundo"
RADIOSIEIRO´18 - Nº4.2 - ENTREVISTA AO ALCALDE DE CRECENTE
2ª parte do 4º capítulo da nova RadioSieiro´18, a emisora que montamos no cole de Crecente como membros do proxecto de Bibliotecas Escolares "A Radio na Biblio".
Nesta segunda parte poderedes escoitar a entrevista que lle fixemos ao alcalde de Crecente, D. Julio César García Luengo
A música empregada neste programa é a seguinte:
Muiñeiras III - Mutenrohi (JC Fasero)
RADIOSIEIRO´18 - N.4 / 1ª PARTE
1ª parte do 4º capítulo da nova RadioSieiro, programa que realizamos no cole de Crecente como parte do proxecto "Radio na Biblio", do departamento de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.
Nesta ocasión poderedes escoitar a entrevista que os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primario fixeron ao Director Xeral de Centros, D. Xose Manuel Pinal, que visitou o centro xunto co noso alcalde, D. Julio César García Luengo.
Dúas colaboracións de primeiro nivel para a nosa RadioSieiro!!
MÚSICA EMPREGADA
VIAXE - MUTENROHI (J.C. FASERO)
ADORO GALIZA - MERCEDES PEÓN
RADIOSIEIRO 3 - CONSELLOS PARA A VIDA MODERNA
MÚSICA EMPREGADA:
Pastures of Plenty - SOLAS
Good Enough - CYNDI LAUPER
Tchavolo Swing - DORADO&TCHAVOLO
Te Voy a Esperar - JUAN MAGÁN (FT. BELINDA)
A saia da Carollina - LUME
Champions League - TONY BRITTEN
Matt Molloys - MATTO CONGRIO
CRECENTE, UNHA "ESCOLA NAS ONDAS"
No Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro estamos de celebración pois xa somos unha máis das "Escolas nas Ondas"; unha rede de centros escolares comprometidos coa educación audiovisual, nos que empregamos as TICs (Tecnoloxías da Información e Comunicación) como medios para o desenvolvemento das capacidades básicas do alumnado.
Podedes visitar a páxina oficial de "Escolas nas Ondas" no seguinte enlace:
RADIOSIEIRO´18 - 2º PROG
MÚSICA EMPREGADA:
-Simple Minds - Dont you Forget About Me (The Breakfast Club)
-Pink Floyd - Money (Official Music Video)
-The_Kyoto_Connection_-_09_-_Hachiko_The_Faithtful_Dog_1
-Sintonía La Rosa de los Vientos - Villagers begin building
- Mel de Meiga - Cambia o Mundo
RADIOSIEIRO´18 - ESPECIAL DÍA DA MULLER
Primeiro programa da nova RadioSieiro adicado a tódalas mulleres nun día tan importante como o de hoxe, 8 de mazo, Día Internacional da Muller. Agardamos que xa, dunha vez por todas, a desigualdade entre home e mulleres non sexa máis que un mal soño.
A música que aparece no programa é a seguinte:

-Spining over you - Reyko
-Je Veux - Zaz
-Cherry Lee - Dover
-Tempestades de sal - Ses (María Xosé Silvar)
-Animal Instinct - The Cranberries (Dolores O'Riordan; Noel Hogan)
-Torn - Natalie Imbruglia
PRESENTAMOS A NOVA RADIOSIEIRO

Neste curso 2017-2018 o Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente foi seleccionado entre os 20 primeiros centros de Galicia (CEIP, CPI e IES) en por en práctica esta iniciativa da Xunta, a "Radio na Biblio". É toda unha honra e un premio ben merecido ao traballo que levamos feito no cole, en materia de comunicación audiovisual, nestes últimos anos.
OBRADOIRO DE DISFRACES
Estimadas familias.
Lembrade que o xoves 18 de xaneiro comezan os obradoiros de creación de disfraces para o Entroido, dirixidos a pais, nais e familiares.
O horario será de 16h a 17h
VISITA Á GALIÑA AZUL
Como xa é tradición no Ceip Manuel Sieiro de Crecente, co remate do 1º trimestre poñemos en marcha a Seman Cultural; uns días cheos de actividades culturais, que nos permiten amosar a xenialidade e creatividade dos nosos nenos e nenas. Contacontos, música en directo, obradoiros de cociña,... e moitas actividades máis.
Comezamos este xoves 14 de decembro coa visita aos máis pequerrechos do pobo na Galiña Azul; onde contamos o conto estrela deste ano, "Corre, corre cabaciña"; e ofrecimos un pequeno concerto cos temas que estamos a mover neste curso 2017-2018.
Mañá toca a Bibliofesta, polo que se vos apetece participar nesta Semana Cultural, xa sabedes onde estamos.
Día Internacional da Discapacidade Intelectual
Este martes 5 de decembro recibimos no Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro unha visita moi especial: as nosa compañeiras e amigas das Esclavas da Virxe Dolorosa de Crecente (EVD), unhas rapazas moi divertidas coas que sempre facemos `proxectos e actividades fabulosas que amosan que todos temos que ter os mesmos dereitos.
ESPECIAL SAMAWEEN DAS ONDAS DO MIÑO TV.
Este xoves 30 de novembro presentamos ante o alumnado o último proxecto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: un programa especial da nosa tv. online; centrado na festa do Samaween que celebramos no Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente.
Nesta ocasión foron os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º os encargados de presentar tanto o programa como a reportaxe que o acompaña.
Agardamos que vos guste!!!
MEDO EN SAMAWEEN!
Semana terrorífica na aula de infantil, e senón que lle lo pregunten aos nos@s pequen@s.
Festexamos esta data, e ademais falamos sobre os nosos medos.


Atrevímonos cun taller onde os monstruos foron os protagonistas e os representantes dos nosos medos. Chegamos a un acordo de que todos eles quedarían atrapados no papel para sempre.


Atrevímonos cun taller onde os monstruos foron os protagonistas e os representantes dos nosos medos. Chegamos a un acordo de que todos eles quedarían atrapados no papel para sempre.
Conseguiríamos minimizar as nosas máis profundas preocupacións?
O CORPO
OUTONO, OUTONIÑO!
Chegou o OUTONO e na aula de infantil quixemos celebralo.
Non só houbo
tempo para falar sobre el, senón tamén para crear o noso propio recanto cos produtos aportados polas familias.
Ademáis puidemos xogar con eles e incluso converternos en pequenos artistas!
Canto deu de si
o outono, e senón velaí vos deixamos pequenas testemuñas de todo o que
traballamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)