Mostrando entradas con la etiqueta curso 2013-2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2013-2014. Mostrar todas las entradas

BENVIDOS AO CURSO 2014-2015

Xa estamos de volta, un ano máis, co blogue de Os Ollos do Minho; e xa van uns cantos.
Ao longo de todo este tempo, pasaron polo cole moitos rapaces e rapazas que deixaron o seu selo persoal nos moitos proxectos, vídeos, fotos, etc; que conforman o blogue dunha escola con moitas gañas de darse a coñecer, de mostrar do que somos capaces de facer, aínda que o resultado sexa, en moitas ocasións, humilde. Pero o equipo que formamos no pasado, presente e futuro de "Os Ollos do Minho", sabemos ben que o importante é o camiño que recorremos para chegar a obter eses resultados; as horas de convivencia e traballo en equipo; o esforzo e adicación que poñemos en cada cousa que se fai. Ese é o segredo que fai funcionar este proxecto.

Gustaríanos adicar estes vídeos e fotografías que o Equipo de Biblioteca realizou o ano pasado, e que mostran parte do gran traballo que levaron a cabo; a todas as persoas, profes, pais, nais, alumnos e alumnas de agora e sempre; que participastes, directa ou indirectamente, en "A Ondas do Minho".

Gracias!!!












ONDAS DO MIÑO - CAP. 5 - O DÍA DA PAZ

Quinto programa de As Ondas do Miño, sobre o Día da Paz.
Non vos perdades as diversas seccións que vos ofrecen os rapaces e rapazas da Aula i9.

E xa sabedes, se queredes botar unha ollada a este proxecto, só tedes que acceder a través da pestana, na barra superior.


Patinaxe artística en Tui

Os nosos rapaces e rapazas do equipo de patinaxe do Cole de Crecente, participaron nunha exhibición de patinaxe na vila de Tui; na que amosaron que no Manuel Sieiro andamos tamén a "oito rodas"

Noraboa rapazada!!!!!


Mamá, eu quero un cabalo!!!!

Aquí vos deixamos un pase de fotos da visita que os nenos e nenas de infantil e 1º de Primaria realizaron ao centro ecuestre "O Mundil"; no concello de Cartelle.

Un lugar increible con xente increible; e a que lle damos as grazas por tratarnos tan ben. Un saúdo a todos e disfrutade cos nosos pequechos convertidos en auténticos xinetes.


As Ondas do Miño

Cuarto capítulo do noso programa informativo "As Ondas do Miño". Nesta ocasión ofrecemos un especial co último proxecto da Aula i9, Mestres de Mestres, unha serie de documentais sobre a vida e obras de grandes xenios da Historia.
E na sección pequenos cativos, poderedes ver aos nosos meniños coas mans na masa.

Por outra banda, gustaríanos anunciar que este proxecto do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xa ten o seu propio blogue, no que colgaremos os capítulos e as diversas seccións; para que non vos perdades nada!!!

Podedes acceder dende este link:

http://ondasdominho.blogspot.com.es/

Disfrutade co especial "Mestre de Mestres"





Entroido 2014

Ahí vos quedan os vídeos-reportaxes sobre un dos mellores entroidos que celebramos no cole de Crecente.

Música, xogos, mascaras, moitos disfraces e un gran desfile para rematar a xornada.

E é que este ano todos (nais, pais, mestres, etc) traballamos moito para que esta festa fora inesquecible.

E abofé que así foi.

Moitas grazas a todas as familias que nos apoiades e axudades, proxecto tras proxecto. Sen a vosa colaboración, nada desto sería posible.




DÍA DA PAZ

Foron moitas as actividades que realizamos polo Día da Paz no cole de Crecente: contos, cancións, poemas, cine,...
Esperamos que estes vídeos resuman todo o que deu esa semana; e atentos á curtametraxe, "Falemos de Paz"













AS ONDAS DO MIÑO III - O NADAL

Aquí vos deixamos o programa de As Ondas do Miño adicado ao mes de decembro.
Dirixido maxistralmente polos rapaces e rapazas de 1º Ciclo de Primaria; este capítulo céntrase nas actividades e proxectos postos en práctica no cole de Crecente polo Nadal.
Non vos podedes perder a reportaxe da Aula i9 sobre a Semana Cultural; a entrevista ao grupo Mel de Meiga; ou a sección dos peques, na que nos falarán da biblioteca.

Esperamos que vos guste e sentimos o retraso!!!!


















OBRADOIROS DE COCIÑA

Este ano continuamos cunha iniciativa  interesante, formativa e sobretodo deliciosa; pois os nosos alumnos e alumnas aprenderán, a través destes obradoiros, o valor da boa cociña.

Moitas grazas ás voluntarias (nais, cociñeiras, mestras) que facedes realidade este proxecto!!!!




Festival de Nadal 2013

Xa podedes disfrutar dos vídeos do Festival de Nadal do 2013!!!

Desculpade o retraso!!!!









Folk in Crecente - Aula i9 & Mel de Meiga

O pasado mércores 18 de decembro, no cole de Crecente tivemos unha cita moi especial; pois celebramos o noso primeiro festival musical, "Folk in Crecente".
 nesta ocasión os rapaces e rapazas da Aula i9 ofreceron un concerto cos temas que forman parte do noso último disco; e que podedes escoitar a través dos seguintes enlaces.

-Rompeu a Chiculatera

-A Rianxeira

-Brazos pra Seitura (colab. Nadia Fonseca)

-"Crecente Style"


Ademáis contamos cuns invitados de excepción: Nadia Fonseca e Kakus Campos, do grupo galego Mel de Meiga. Ambos músicos aproveitaron para presentar en acústico temas do seu último disco, que leva o nome de Crecente. Ademáis, despois do concerto, responderon ás preguntas dos nosos xornalistas nunha pequena entrevista que poderedes ver no 3º programa do noso informativo, "As Ondas do Miño".


Disfrutade coa música!!!






















AS ONDAS DO MIÑO - 2º PROGRAMA - NOVEMBRO

Aquí vos queda a segunda entrega de "As Ondas do Miño", o  programa-informativo audiovisual que realizamos no cole de Crecente.

Nesta ocasión os nenos e nenas do 2º e 3º ciclos de Primaria fan un repaso das novidades deste mes de Novembro, coa reportaxe do Magosto como actividade estrela.

Pero ademáis faremos un resumo do máis significativo do mes; presentaremos unha nova sección, "O Mundo en Cómic", adicada ao creador de Mortadelo e Filemón, Francisco Ibañez; e poderemos ver as actividades de outono dos nosos nenos e nenas de Infantil, na sección "Eses Pequenos Cativos"

Todo esto e moito máis en... "As Ondas do Miño"







UN MAGOSTO DELICIOSO


O dÍa 11 de novembro no CEIP Manuel Sieiro celebrouse o Magosto.

Todos os nenos é nenas poideron disfrutar dos xogos populares como:
carreiras de sacos,brile,comecastañas e etc.
Despois ciclo por ciclo pasaron pola biblioteca,para facer o seu diploma 
por participar en ditos xogos.






O acabar o recreo;os rapaces de 3º ciclo presentaron os poemas é debuxos,
e entregaron os premios pola participación no primeiro concurso de "As Artes do Magosto"







E por último, xa pola tarde e no patio cuberto; comemos as castañas  quentiñas acompañadas
dun refresco.




Que ben o pasamos!!!!


Jessica Domínguez Álvarez
5º de Primaria




AS ONDAS DO MIÑO

Este é o nome do último proxecto de Os Ollos do Minho Producións; un programa-informativo en formato televisivo; no que repasaremos as principais actividades e acontecementos que se suceden no cole de Crecente.

Esta iniciativa, que parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG); propón que os nosos nenos e nenas asuman o rol de xornalistas, reporteiros, guionistas, etc; para dar forma a un programa no que, ademáis, teremos reportaxes, entrevistas, publicidade educativa;...; así como diversas seccións nas que poderemos aprender moitas cousas relacionadas co mundo das artes, da ciencia, da lingua e literatura, etc.

Por suposto, este é un proxecto dirixido a todos os alumnos e alumnas do cole, independientemente da súa idade; todos poden participar e sentirse parte deste traballo colectivo.

Xa o ano pasado tivemos un primer intento, "O Clube de Lectura"; que tivo gran éxito. Este curso pretendemos dar continuidade a ese traballo e poder ofrecer un programa mensual.

Nesta ocasión, o primeiro capítulo fai unha recopilación do acontecido no mes de outubro, incluindo unha reportaxe sobre a festa do Samaween; así como outras sección elaboradas nese mes, como a Festa do Vemello, na clase de 3 anos.


Disfrutade co programa!!!!





A SANTA COMPAÑA

Este é o título da obra que nos ofreceu a Compañía de Teatro da ANPA de Crecente, para festexar o Samaween´13.

Dirixidos por Patricia Claro e María Pérez, e coa colaboración de Fran Vázquez como técnico de son; esta obra reflexa á perfección o espiritu que ten esta festa no cole: medo sí, pero acompañado dunhas boas risas!!!

Disfrutade cos nosos pequenos artistas!!!!





SAMAWEEN´13

O pasado mércores 30 de novembro celebramos, no Ceip Manuel Sieiro, o Samaween, unha festa plurilingüe na que xuntamos o mellor de Samaín e o imprescindible de Halloween.
A actividade estrela, un ano máis, foi a Expocabaza, unha mostra da arte que temos no cole de Crecente.
Ademáis tamén elaboramos uns contos de medo, que grabamos en formato audiolibro e que podedes disfrutar nos vídeos que acompañan esta entrada.





Sen esquencer outras actividades como o "Sabías que..." realizado polos rapaces e rapazas de 2º ciclo, centrándose na orixe da festa do Samaín; os debuxos de medo que fixeron no primeiro ciclo; ou a obra de teatro que nos ofreceu a Compañía de teatro do Ceip Manuel Sieiro.





Está claro que, en Crecente, o Samaween vívese ao máximo!!!!

Disfrutade cos vídeos!!!














XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!


"Os Ollos do Minho Producións" e a Aula i9  voltan á carga, neste curso 2013-2014, cos proxectos e seccións que xa son todo un clásico, como "Un Chisco de Ciencia", cos nosos documentais e experimentos; ou "O Clube de Lectura".

Ademáis temos pensado recuperar outras seccións que tiñamos un pouco esquencidas, como as "Clases Online", nas que os nosos nenos e nenas serán os mestres; e nos transmitirán moitos coñecementos de todo tipo

E, por suposto, seguimos innovando. Así este curso oblogue contará con novas seccións, como "As Ondas do Miño", un programa informativo no que iremos contando, ao noso xeito, todas as novas e actividades que vaiamos organizando no Ceip Manuel Sieiro.

E para rematar, non esquenzades que, agora, podedes consultar a información relacionada co comedor escolar, na súa pestana correspondente.

E nada máis polo de agora.

Un saúdo e benvidos a 
                    "Os Ollos do Miño Producións".