RADIOSIEIRO 2017

  Despois de moito traballo, pois facer radio dá moito chollo, por fin podemos presentarvos o último RadioSieiro, un programa de podcast realizado polos alumnos e alumnas do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro, dirixidos polo dinamizador da Lingua Galega.

  Na RadioSieiro participan todos os cursos escolares, cada un coa súa misión. Así, mentres os maiores foron os encargados de presentar e dirixir, os máis pequenos de infantil adicáronse ás cuñas e sintonías do programa; así como os de 1º, 2º, 3º e 4º, presentaron diversas seccións adicada á cultura e arte.

  Cabe destacar a sección medioambiental que prepararon os rapaces e rapazas de 5ºde primaria; na que nos ofrecen unha serie de consellos e recomendacións para o coidado do noso medio moi interesante e formativa.

Ademais, seguindo co espíritu de autoproducción, tamén incluimos no programa a canción que grabou o grupo do cole, a Aula i9 Band, ao longo do curso. Trátase dunha versión do famoso tema de Suso Vaamonde, Galicia.

Para rematar, lembrade que RadioSieiro é un dos tres proxectos anuais que forman parte dunha iniciativa maior, As Ondas do Miño Comunicacións; un proxecto de comunicación audiovisual e desenvolvemento das capacidades lingüísticas en galego; co que xa levamos uns cantos anos; e que está formado polo programa de radio; "O Rebusco", o noso xornal escolar; e "As Ondas do Miño Tv", o programa de tele.

Deixámosvos os enlaces para que podades disfrutar de todos estes contidos:





DISFRUTADE COA RADIOSIEIRO!!!






























VISITA Á GALIÑA AZUL E RESIDENCIA DE SAN PEDRO

Unha das máis fermosas tradicións que estamos a afianzar ano tras ano en Crecente son as visitas e colaboracións dos rapaces e rapazas do cole coas distintas institucións da vila, sobretodo coa Galiña Azul e coa Residencia de San Pedro para a 3ª Idade. @s alumn@s voluntari@s ofreceron aos nosos pequenos e maiores un recital literario e musical; unha pequena mostra do traballado na Biblioteca Escolar e na Aula i9 de Música, ao longo deste último trimestre. 

Convivencia interxeracional!!!



EXCURSIÓN FIN DE ETAPA A MADRID

Ahí vos deixamos as mellores imaes da excursión de 6º de Primaria a Madrid











XOGOS PARA A PAZ

Xornadas para a convivencia e traballo en equipo organizadas polo profe de Ed. Física, Iván Cuiñas.


O REBUSCO DIXITAL 2017

O Rebusco é a revista anual que realizamos no CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro; e na que participan todos os nenos e nenas; mestres e mestras do cole; coordinados polo Dinamizador da Lingu Galega.

Ademais é un dos tres bloques fundamentais do proxecto en comunicación audiovisual en galego que realizamos no cole; e ao que chamamos "AS ONDAS DO MIÑO COMUNICACIÓNS"; xunto ao programa de tv (AS ONDAS DO MIÑO TV) e o programa de radio (RADIOSIEIRO).

Disfrutade cos contidos de O REBUSCO!!!



AULA I9 BAND - GALICIA

A Aula i9 Band vennos a presentar o seu último single, Galicia; 
un tema grabado nos nosos estudios polos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria; 
e que contou coa colaboración mas voces de H de Lemos, 
cantante do coñecido grupo ourensán MAT.  

A canción elexida é unha versión do famoso tema de Suso Vaamonde, 
no que se ensalzan as virtudes da nosa terra galega.

Aquí vola presentamos en dous formatos: en mp3 e en vídeo 
coas mellores imaxes da Aula i9 Band neste curso 2016-2017



Esperamos que a disfrutedes!!!