Os Documentais da Aula i9



     Menos  mal; tras unha longa espera, por  fin  chegaron os Documentais  da Aula i9.
 Este  proxecto  levounos  moito tempo e  esforzo ; pero xa  o temos  rematado . O traballo  foi  realizado integramente polos  rapaces  e  rapazas  de 5º de  primaria, dende conseguir a información, ata grabar os guións, conseguir e editar as imaxes, etc. 
Vemos pois que este proxecto dividiuse en diversas  fases de traballo:


a.-  Na  primeira  fase  recollemos  información  na  biblioteca  a través  dos  libros  e enciclopedias  de  animais dos  que  dispoñemos. 

b.- Na segunda fase descargamos as imaxes libres que necesitabamos.  Temos que dicir que costounos bastante encontrar as imaxes polos dereitos de autor e tiñamos que buscar páxinas especiais.
          
c.- Na terceira fase realizamos os guións en grupos de dous. Tivemos que traballar moi coordinados para estructurar ben a información e así poder crear uns bos guións.

d.- Na cuarta fase grabamos os guions cun programa chamado ProTools que é o que usan alguns músicos para compoñer os seus temas. Ademáis grabamos as imaxes e presentacións que precisamos.
 e.- E por ultimo e non menos importante editamos os vídeos cuns programas chamados Imovie e Iphoto grazas a eles e a o noso profe aprendimos a facer pequenos videos e  pelis caseiras. 
Foi unha experiencia inovidable a través da cal conseguimos aprender conceptos cientificos de moito nivel; moi facilmente e de forma moi entretida, máis como se estiveramos nun plató de cine que nunha clase. 
Esta é a primeira dunha serie de reportaxes ou post que trataran sobre este tema; e nos que iremos presentando os distintos documentais, alternando as diversas especies de invertebrados e vertebrados.

Nesta ocasión realizamos unha pequena introducción ao tema; así como incluimos o primeiro documental, que tratará sobre os animais máis antigos da Terra: as Esponxas.






Esperamos que vos guste e que aprendades e disfrutedes tanto como nós !!!!!

Adrián, Sofía, Pablo e Elizabeth
5º de Primaria 

















O ladrón de tartas

Ese é o título do proxecto que preparamos no Ceip Manuel Sieiro para festexar o "Día do Libro". Un conto que viaxou por tódalas aulas do centro. Así todos os nenos e nenas puideron aportar a súa parte da historia, que comezou na clase de tres-catro anos; e rematou co final inesperado creado polos rapaces e rapazas de sexto.
O día da celebración, representantes de cada aula leron a súa parte correspondente mentres podíamos ver proxectados os debuxos que se fixeron para ilustrar cada parte do conto.


Ademáis os rapaces do PROA ofrecéronnos unha lectura diferente e divertida dun pasaxe do "Quixote"; e que esperamos poder ofrecervos nunha próxima reportaxe.








Agora podedes disfrutar coa historia, "O ladrón de tartas"  



APRENDEMOS A TOCAR O TAMBORIL CON UXÍA FARIÑA

Presentamos unha nova entrega das "Clases online da Aula i9".
Neste caso a nosa colaboradora, Uxía Fariña, ensínanos as primeiras leccións para comezar a tocar un instrumento tradicional da nosa terra: o tamboril.
Non vos perdades a soltura e naturalidade da que esperemos chegue a ser unha gran artista.