Este proxecto levounos moito tempo e esforzo ; pero xa o temos rematado . O traballo foi realizado integramente polos rapaces e rapazas de 5º de primaria, dende conseguir a información, ata grabar os guións, conseguir e editar as imaxes, etc.
a.- Na primeira fase recollemos información na biblioteca a través dos libros e enciclopedias de animais dos que dispoñemos.
b.- Na segunda fase descargamos as imaxes libres que necesitabamos. Temos que dicir que costounos bastante encontrar as imaxes polos dereitos de autor e tiñamos que buscar páxinas especiais.
d.- Na cuarta fase grabamos os guions cun programa chamado ProTools que é o que usan alguns músicos para compoñer os seus temas. Ademáis grabamos as imaxes e presentacións que precisamos.
Esta é a primeira dunha serie de reportaxes ou post que trataran sobre este tema; e nos que iremos presentando os distintos documentais, alternando as diversas especies de invertebrados e vertebrados.
Esperamos que vos guste e que aprendades e disfrutedes tanto como nós !!!!!
Adrián, Sofía, Pablo e Elizabeth
5º de Primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario