Ese é o título do proxecto que preparamos no Ceip Manuel Sieiro para festexar o "Día do Libro". Un conto que viaxou por tódalas aulas do centro. Así todos os nenos e nenas puideron aportar a súa parte da historia, que comezou na clase de tres-catro anos; e rematou co final inesperado creado polos rapaces e rapazas de sexto. O día da celebración, representantes de cada aula leron a súa parte correspondente mentres podíamos ver proxectados os debuxos que se fixeron para ilustrar cada parte do conto.
Ademáis os rapaces do PROA ofrecéronnos unha lectura diferente e divertida dun pasaxe do "Quixote"; e que esperamos poder ofrecervos nunha próxima reportaxe.
Agora podedes disfrutar coa historia, "O ladrón de tartas"
No hay comentarios:
Publicar un comentario