Mostrando entradas con la etiqueta Expocabaza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Expocabaza. Mostrar todas las entradas

Samaín 2012


 Xa está de volta unha das nosas festas máis queridas: o Samaín.
Este ano tivemos actividades do máis diversas, aínda que podemos destacar dúas:

-por outra banda, todos os rapaces e rapazas do centro redactaron, como auténticos escritores, unhas lendas sobre esta festa. Esta actividade foi coordinada polos nosos amigos de Os ollos do Minho Dinamizacións. Aquí vos queda o link no que poderedes ver as obras dos nosos pequenos narradores.

LENDAS DO SAMAIN 2012




-por un lado, a nosa tradicional Expocabaza, na que os nosos nenos e nenas amosaron unha gran creatividade. Este ano premiase á cabaza máis divertida; cal será????




Ademáis, o grupo de teatro do Ceip Manuel Sieiro, dirixido maxistralmente pola nosa querida colaboradora Patricia Claro,  representou a obra "El caserón del terror"; na que os nosos pequenos actores e actrices metéronnos o medo no corpo... E é que máis de un e de unha merecían un Oscar. A verdade é que estes rapaces o fan cada vez mellor, polo que recomendamos esta actividade, como unha parte divertida e moi importante dentro da educación dos nosos nenos e nenas.








Esperamos que vos gusten todas as reportaxes que vos ofrecemos e que sigades regularmente o noso blogue. A disfrutar!!!!!!


Os ollos do Minho Producións









     

samaín 2011

Xa está aquí o Samaín e no Ceip Manuel Sieiro festexámolo por tódolo alto: actividades e xogos, decoracións terroríficas, obradoiros de teatro e maquillase,… Pero, sen debida, o centro de tódalas atención foi, un ano máis, a nosa Expocabaza. Este ano coidáronse moito os detalles, dende as invitacións ata a decoración do centro. Os nosos participantes tiveron ata o mércores 26 para presentar as súas cabazas, que ata o venres 28, estuvieron expostas, a un público que  pudo comprobar como, ano a ano, os deseños son máis elaborados. E é que, unha vez máis, deixamos claro que Crecente é terra de artistas e cabaceiros. 




Disfrutade coas imaxes e o video e non deixedes de ver as entradas do Obradoiro de Teatro e Caracterización e O Magosto 2011




EXPO-CABAZA 2010

COMO TÓDOLOS ANOS,  E XA COMEZA A SER UNHA TRADICIÓN, ORGANIZAMOS CON MOTIVO DO DÍA DE SAMAÍN, UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS (EXPOCABAZA 2010). OS NENOS E NENAS QUE PARTICIPARON PRESENTARON AS SÚAS CABAZAS CUNS DISEÑOS  CADA VEZ MÁIS ELABORADOS E DIVERTIDOS (BRUXAS, ARAÑAS-CABACEIRAS, PIRATAS, ETC). DISFRUTADE COAS SEGUINTES FOTOS E ATA O ANO QUE VEN NO EXPOCABAZA 2011.