Mostrando entradas con la etiqueta Excursión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursión. Mostrar todas las entradas

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA A CANTABRIA

Ahí vos deixamos as mellores fotos que nos deixou a Excursión Fin de Etapa 2018 a Cantabria; na que tivemos a ocasión de visitar San Vicente de la Barquera, Comillas, Cabarceno , Santander, Santillana do Mar, Altamira, etc.

Ademáis, aproveitando a ocasión, e xa que pasabamos por alí, fixemos turismo na vila asturiana de Cudillero, unha das máis fermosas do noso pais.












O GROVE`16

Excursión á vila mariñeira de O Grove organizada pola ANPA do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente; en xuño de 2016.


EXCURSION A VIGO (26/05/2016)

Non vos perdades as mellores imaxes da excursión a Vigo dos nosos rapaces e rapazas de infantil. 
Un día inesquecible!!




Excursión de 3º Ciclo: "de museos por A Coruña"

Este ano, os rapaces e rapazas de 3º Ciclo de Primaria traballaron moi duro. Ademáis das tarefas escolares  obligatoria; tamén realizaron moitos proxectos como parte da Aula i9, e que dan vida aos "post" que forman o blog (Experimentos, Documentais, grabacións, vídeos, etc) Por suposto, estos traballos, que teñen un nivel moi aceptable, levan moito tempo; polo que foi preciso empregar moitos momentos de lecer, como os recreos. Lonxe de protestar, estes voluntarios sempre se mostraron dispostos e moi participativos á hora de traballar para a "productora".




Por iso merecían unha recompensa a tanto esforzo. E aproveitando que este ano levamos a cabo dous proxectos científicos moi interesantes, os "Experimentos" e os "Documentais"; que mellor recompensa que rematar o curso visitando dous dos máis importantes museos de Galicia: a "Casa das Ciencias" e o "Aquarium Finisterrae", ambos na cidade de A Coruña.





Pola mañá tocounos disfrutar cos experimentos e exposicións da famosa "Casa das Ciencias", un museo adicado moi interactivo, no que os nosos nenos e nenas puideron entrar en contacto directo coa Ciencia. Rematamos a visita cunha sesión no planetario que teñen no último piso do museo. Toda unha experiencia!!!!




Pola tarde foi o turno do Aquarium Finisterrae, no que puidemos poñer en práctica todos os coñecementos que aprendimos nos "Documentais da Aula i9". Así, tivemos ocasión de ver en directo moitos dos animais dos que falamos nos nosos vídeos; sobretodo peixes e outras especies mariñas (estrelas de mar, medusas, corais, etc.) Rematamos a visita (guiada, por suposto) vendo como comían as focas; e o gran tiburón toro, ao que chaman Gastón.  



Disfrutade co vídeo!!!






EXCURSIÓN A MADRID 2011

E e que este ano os rapaces e rapazas de 6º de Primaria, marchamos de excursión de fin de etapa a Madrid. Para elo, e durante todo o ano estivemos recaudando cartos de distintas formas: Primeiro inundamos o concello con rosquillas que nos distribuía a Confitería Ancla de Ponteareas. Así, relixiosamente, todos os venres deixábanos unha caixa no Resero en A Cañiza (aos que lle debemos todo o noso agradecemento)  Despois comezamos coa campaña das rifas de Navidade e coa venta de prantas, coordinada polos pais e nais, aos que lles damos as grazas por todo o que se moveron.

E a guinda final do pastel, foi un pequeno festival (Rock in Crecente) que organizou o director D. Amador, que nos axudou, con moitísima paciencia, a preparar unha obra de teatro de bastante nivel: "Os apuros dun zapateiro".  Seguiu a actuación da coral , que interpreto con maestría unha selección de temas de diversas culturas. Pechou o festival o grupo de Ourense "Los amigos de lo Ajeno", co que incluso puidemos participar. 



E xa, por fin, o día 23 de Maio "embarcamos" rumbo a Madrid, acompañados polo noso titor, o profe Jorge e Enrique, o conductor.Primeira parada turística, Segovia, a visitar o acueducto, o centro histórico e a catedral. Que bonita é Segovia!!!Volta ao bus, dirección ao hotel en Guadalajara. Chegamos á tardiña e ese día xa non saimos, polo que non tivemos máis remedio que facer festa nas habitacións, pero suave...O martes estivemos todo o día en Madrid. Comezamos visitando o Palacio e o Teatro Reais, así como as calles peatonais do centro da capital, ata a Praza Maior. De ahí a Sol, a visitar aos indignados. Eso sí é unha acampada. Continuamos pola Gran Vía ata a praza de Cibeles e o Congreso dos Diputados, foto obrigada cos leóns, e a comer. Despois un pouquiño de descanso no Retiro, pasando antes polo Xardín Botánico e o Museo do Prado, e volta a camiñar ata a Porta de Alcalá, Praza Colón e o barrio de Salamanca onde fixemos un descansiño nun Starbucks. Despois collimos o metro ata o Santigo Bernabeu onde nos recolleu Enrique para levarnos ao hotel. Esa noite durmimos como liróns.Ao día seguinte visitamos o Zoo da Casa de Campo. Impresionantes os osos panda, ainda que non foron os únicos protagonistas: koalas, osos, monos e ata serpes e insectos de todo tipo. Tamén puidemos ver un espectáculo de delfíns, e o Aquarium, onde teñen peixes de todo tipo; e ata un tiburón branco. Ese día chegamos pronto a Guadalajara, polo que aproveitamos para visitala. A verdade é que é unha cidade moi bonita, con moitos parques e algún que outro monumento, como o Infantado.O xoves foi sen dubida o día máis emocionante. E é que visitábamos o parque de atraccións. Pero antes paramos noutro pobo moi bonito, onde visitamos a casa do máis importante escritor da Literatura Universal, e a que nun principio fora a Universidade Complutense. Por suposto estamos a falar de Alcalá de Henares. E de ahí ao parque na Casa de Campo. Montañas Rusas, balancíns xigantes, caída libre, ...; todo un subidón de adrenalina, e algún que outro mareo. E xa o venres, recoller todo para voltar ás nosas casas. Antes paramos no Monasterio do Escorial. Alí púxose a diluviar e tivemos que refuxiarnos nunha cafetería da zona.  Cando amainó dirixímonos á estación de buses onde Enrique nos estaba agardando. E xa, por fin, emprendimos a viaxe de volta, con moita tristeza, pero con gañas de ver ás nosas familias e amigos, que nos agardaban cun sorriso nos beizos cando chegamos ao cole. A TODOS E TODAS QUE NOS AXUDASTEDES A FACER ESTA VIAXE REALIDADE: MOITAS GRAZAS