Excursión de 3º Ciclo: "de museos por A Coruña"

Este ano, os rapaces e rapazas de 3º Ciclo de Primaria traballaron moi duro. Ademáis das tarefas escolares  obligatoria; tamén realizaron moitos proxectos como parte da Aula i9, e que dan vida aos "post" que forman o blog (Experimentos, Documentais, grabacións, vídeos, etc) Por suposto, estos traballos, que teñen un nivel moi aceptable, levan moito tempo; polo que foi preciso empregar moitos momentos de lecer, como os recreos. Lonxe de protestar, estes voluntarios sempre se mostraron dispostos e moi participativos á hora de traballar para a "productora".




Por iso merecían unha recompensa a tanto esforzo. E aproveitando que este ano levamos a cabo dous proxectos científicos moi interesantes, os "Experimentos" e os "Documentais"; que mellor recompensa que rematar o curso visitando dous dos máis importantes museos de Galicia: a "Casa das Ciencias" e o "Aquarium Finisterrae", ambos na cidade de A Coruña.





Pola mañá tocounos disfrutar cos experimentos e exposicións da famosa "Casa das Ciencias", un museo adicado moi interactivo, no que os nosos nenos e nenas puideron entrar en contacto directo coa Ciencia. Rematamos a visita cunha sesión no planetario que teñen no último piso do museo. Toda unha experiencia!!!!




Pola tarde foi o turno do Aquarium Finisterrae, no que puidemos poñer en práctica todos os coñecementos que aprendimos nos "Documentais da Aula i9". Así, tivemos ocasión de ver en directo moitos dos animais dos que falamos nos nosos vídeos; sobretodo peixes e outras especies mariñas (estrelas de mar, medusas, corais, etc.) Rematamos a visita (guiada, por suposto) vendo como comían as focas; e o gran tiburón toro, ao que chaman Gastón.  



Disfrutade co vídeo!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario