OS DOCUMENTAIS DO AULA i9: ÚLTIMA ENTREGA!!!

Xa imos chegando ao final deste curso 2011/2012, e temos que apurar para poder publicar os nosos últimos proxectos. E con este post poñemos o punto final a un dos nosos traballos máis ambiciosos: os Documentais da Aula i9.




Despois de meses de duro traballo, por fin  publicamos os dous vídeos que quedan, "Os Artrópodos" e "Os Mamíferos"; e un "Making of..." cos mellores momentos que tivo este proxecto.



Ademáis debemos lembrar que os documentais, xunto aos experimentos formaran parte dun DVD ao que chamamos "Un chisco de ciencia"; e que nos servirá nun futuro para poder apoiar o aprendizaxe destes contidos. E empregando uns recursos totalmente producidos polo Aula i9, dende as imaxes e vídeos, ata a música que acompaña os menús. 




 Esperamos que disfrutedes cos vídeos e que os documentais vos serviran para coñecer un pouco mellor aos distintos tipos de animais que convivimos neste planeta.










No hay comentarios:

Publicar un comentario